NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
martes, 16 de marzo de 2010
A Deputación de Lugo distinguirá ás empresas que aposten polo turismo e os produtos autóctonos
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este luns a posta en marcha dos distintivos de garantía de calidade LugO2 e Lugo Sabe, que se outorgarán a partir de maio ás mellores empresas turísticas e produtos autóctonos procedentes das tres reservas da biosfera da provincia (Terras do Miño, Os Ancares e Eo-Oscos-Terras de Burón) e da comarca do Courel.
Ao redor de 900 establecementos de carácter rural e máis de 100 produtos dunha trintena de concellos lucenses optarán aos certificados da Deputación, que buscan “xerar riqueza apostando polos recursos naturais e o uso das novas tecnoloxías”. Ambas as iniciativas enmárcanse dentro do programa ambiental da Deputación de Lugo, dotado con 5 millóns de euros (un 70% achegado polos fondos Feder e un 30% pola administración provincial).
Polo momento unha ducia de empresas rurais xa obtiveron estas denominacións logo de participar nun proxecto piloto que levou a cabo o organismo provincial de Lugo nos últimos meses.
Gómez Besteiro destacou que "o obxectivo desta iniciativa é converter ás empresas turísticas e alimenticias da provincia nun referente en España que se traduza en beneficios económicos, á vez que se fomentan as boas prácticas ambientais".
A marca LugO2 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, restaurante ou comercios. Lugo Sabe amparará produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadea de fabricación: produción, envasado, embalaxe, almacenamento e distribución.
As empresas LugO2 deben garantir a conexión a Internet, favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables, reducir a xeración de residuos, o consumo de luz e auga e incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización coa contorna natural. Ademais este distintivo obriga a ser punto de comercialización de produtos Lugo Sabe, de alimentos con denominación de orixe, con IGP ou rexistrados no consello regular de agricultura ecolóxica de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario