martes, 2 de marzo de 2010

A FONSAGRADA NO DICCIONARIO XEOGRAFICO ILUSTRADO DE GALICIA





FONSAGRADA, Concello da. Situado ao leste da procincia de lugo,na comarca da Fonsagrada. Limita ao norte con concello da Pontenova e co Principado de Asutrias, ao sur cos concellos de Baleira e Navia de Saurna, ao leste co de Negueira de Muñia e de novo con Asturias, e ao oeste cos da Pontenova, Riveira de Piquín e Baleira. Abranque unha superficie de 438, 4 Km cadrados e ten 4784 habitantes (2485 homes e 2.263 mulleres), segundo os datos da revisión do Padrón de 2007. Intégrano as parroquias de: A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (S. Cristovo), Fonfría (Santa María Magdalena), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (S. Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Pobra de Burón (Santa María Madanela), San Martín de Arroxo (San Martín), San Martín de Suarna (S. Martín), San Pedro de Neiro (S. Pedro), Santo André de Logares (Santo André), A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María) e O Vilar da Cuiña (Santa Bárbara). A capital municipal é o lugar da Fonsagrada. Un sector ao norte forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria de Carballido e outro ao noroeste do Lugar de Importancia Comunitaria da Marronda.

Medio Físico. Este concello aséntase nas serras orientais galegas, cunha altitude media superior aos 700 mts. O relevo está formado por grandes montañas moi erosionadas, compostas fundamentalmente de mateirais cristalinos (granitos) e metamóficos (louxas e xistos). A paisaxe caracterizase pola sucesión de superficies alombadas e vales angostos, onde encaixan os principais cursos de auga. Así, as direccións predominantes dos ríos son noroeste-sueste e suroeste-nordeste. Destacan o Rodil ao norte e o Lamas e o Suaran ao Sur. No sector setentrional e no centro elévanses as serras de Follabal, do Muradal, do Hospital e de Envernal, ao leste a parte a Serra de Liñares e na parte meridional as serras das Pandas, de Foncuberta de de Louxas. Ao osete sobresale a cota máxima, o pico do Muradal (1108 mts de altitude). En canto aos solos, en xeral sxon bastante pobres, excepto nos vales do norte. Predominan os de tipo ránker pardo e diferentes tipos de cambisol, un deles de rocha calcaria, ao leste.

Debido á elevada altitude media e ao afastamento do litoral, o clima é oceánico de montaña. Caracterízase por invernos moi fríos, con neve e xeadas frecuantes. As precipitacións roldan os 2000 milimetros anuais e concéntranse sobre todo no inverno. No verán, son relativamente abundantes e as temperaturas moderadas. A temperatura máxima anual acada os 15ºC e a mínima 1ºC, polo que a oscilación térmica é bastante elevada (ao redor dos 14ºC).

A rede hidrográfica configúrase ao redor do río Rodil, afluente do Eo que recibe achegas dos ríos da Veiga, Penide e de Santo Estevo e dos regos Vaovello e dos Muíños. No límite sueste sobresaen o río Navia e un dos seus maiores afluentes, o río Suarna, que á súa vez recolle as augas do Lamas. O carácter accidentado do terreo fai que os ríos salven grandes desniveis, en moitos casos formando fervenzas.

Nos vales predominan os bosques mixtos compostos fundamentalmente por castiñeiros, carballos e bidueiros. Destacan os soutos preto das aldeas, coidados para a obtención de castañas e leña. O sector norte ten un importante valor botánico, xa que conta cun conxunto de fragas de carballos e castiñeiros propias da rexión biclimática atlántica que medran nos barrancos do río Rodil e os seus afluentes. Ademáis acubilla grande cantidade de animáis: mamíferos (rato de almiscre, lontra, morcego grande de ferradura e morcego pequeno de ferradura) e aves de rapina (gabián, falcón pequeno,avelaoina, azor de bufo pequeno). Por outra parte, tamén son moi frecuentes áreas de repobacion de piñeiros. Nos cumes das montañas predomina a matogueira de uces, xestas carqueixas e piornos.

Demografía. A pobación presenta unha evolución fortemente regresiva desde 1920, xa que ata comenzos do século XXI perdou máis das dúas terceiras partes dos habitantes que rexistraba a principios do século XX. Este declive é o resultado de varios factores: a intensa emigración, o descenso de natalidade e a separación do concello de Negueira de Muñiz en 1928. Así en 1900 tiña 17.302 habitantes e en 1920, cando acadaba o máixmo histórico do século, rexistraba 17.750. Durante estes dous decenios o crecemento foi do 2,5%. Non obstante, a partir deste momento iníciase unha tendencia de retroceso paulatino que se evidenciaba nos 9.329 efectivos de 1981, nos 6.986 de 1991 ou nos 5.440 do ano 2000. Entre 2001 e 2007 desapareceron 586. Unha causa fundamental deste descenso fio a emigración, que na primeira metade do século XX tivo como destinos principais América e Castela e que posteriormente, desde mediados da centuria, se dirixiu cara ás áreas industrializadas españolas. Desde mediados dos anos 70 a regresión foi acelerada polo descenso drástico da natalidade.

A poboación experimenta un intenso avellentamento, xa que 2007 había 1.817 persoas maiores de 65 anos, 2.623 entre os 16 e os 64 anos e só 308 menores de 15 anos. Unha das razóns que explican esta dinámica é unha forte caída da natalidade, e un rápido incremento das cifras de mortalidade ( en 2007 houbo sete nacementos e falleceron 80 persoas), o que dá como resultado un claro saldo vexetativo negativo.

A densidade demográfica é de 10,83 Hab/Km2, cifra moi baixa pero similar á da maioría dos concellos do interior galego, aínda que ben inferior a media provincial (36 hb/Km2) e á autonómica (94,4 hab/km2).

A poboación repártese de xeito desigual. Os asentamentos, todos rurais, distribúense aprovitando as áreas de pendente moderada, en vales abrigados e aptos para o cultivo. Os terreos destinados aos cultivos soen ser os de menor inclinación e os máis próximos aos ríos mentres que nas ladeiras dos montes hai pasteiros para o gando. A parroquia máis habitada é a da Fonsagrada (Santa María) con 1.202 habitantes, na que está a capital municipal, a vila da Fonsagrada.

Economía. Segundo os datos de persoas afiliadas por sectores de actividae da Consellería de Traballo do ano 2007, o primario é o motor económico municipal co 59,14% de ocupación , seguido do terciario co 21,1% e do secundario co 15,81%.

No que respecta ás actividades primarias, destaca a importancia da gandaría bovina e da explotación forestal. A pesar de que o minufundimso e o nulo relevo xeracional dificultaron a introducción de maquinariae limitaron as posbilidades de desenvolvemento agropecuario. Con todo, a orienttación do gado bovino ao aproveitamento cránico supuxo certa especialización. En 2007 había 11.875 cabezas deste rabaño e, en moito menor número, reses de gando porcino, avícola e ovino, dedicadas preferentemente aao autoc0nsumo e non a comercialización. A superfice agraria redúcese case exclusivamente a pasteiros, prados e repoboacións forestais. Teñen especial relevancia produtos coma a castaña, o mel e os cogomelos, que supoñen unha achega complementaria de beneficios ás explotacións familiares. Tamén hai que salientar a silvicultura como unha importante fonte de ingresos. Por outra parte, a caza acada relevancia nos meses de outono e do inverno coa captura de corzos, xabarís e perdices.

O sector secundario medrou timidamente ao longo do século XX e conta cunha industria manufactureira moi pouco desenvolvida. Sobresaen a construcción e a minaría, esta última con significativa importancia no pasado polos xacementos de ferro, cobre, chumbo e ouro. As explotacións aínda operativas extraen lousa e áridos o subsolo. Tamén son relevantes os talleres de produtos metálicos, de costura, as fábricas de transformación agroalimentaria (cárnicas e de pensos) e os serradoiros. A artesanía tradicional perde peso cos anos, ainda que se conservan algúns obradoiros de cerámica e talla de madeira.

En canto aos servizos, experimentaron un importante crecemento na primeira década do século XXI. Hai que salientar os comercios de alimentación , tendas de roupa, establecementos de reparación de vehículos a motro, motocicletas e artgos persoais (8,35% de ocupaión), seguidos de hostalaría (3,87%), da administración (3,87%), doutras actividades sociais e de servizos prestados á comunidade (2,55%) e das actividades sanitarias e veterinarias (2,46%). A maior parte destas actividades desenvólvense na capital. A hostalaría e o comercio aproveitánse desde finais do século XX da promoción turísitica, que explota os importantes recursos naturais e culturais.

As principais estradas son a LU-530 (Lugo-A Fonsagrada) e a LU-701 (A Fonsagrada-Asturias), que atravesan a capital municipal. Ademáis, conta con varias vías locais que chegan aos concellos lucenses de Navia de Suarna polo sur e da Pontenova polo Norte

No hay comentarios:

Publicar un comentario