jueves, 4 de marzo de 2010

VOCABULARIO DAS PESAS E MEDIDAS (3)





3. MEDIDAS DE LONXITUDE

CADEA, s.f. Medida de lonxitude de 10 mts. Equivale a 12 varas
Comentario
Esta medida de lonxitude debe estar desaparecida no territorio galego

CINTA, s.f. Medida de lonxitude de 10 metros
Vid, Cadea

CUARTA, s.f. Medida de lonxitude de 21 centímetros, a distancia entre o extremo do dedo maimiño e o polgar coa man aberta. Equivale a un cuarto de vara e contén 9 polgadas

ESTADAL, s.m. Medida de lonxitude de 3 metros e 36 centímetros. Equivale a 4 varas
Variantes: ESTADEL, ESTEDAL

FURCO, s.m. Medida de lonxitude de 14 centímetros; distancia que hai entre os extremos dos dedos indicador e polgar estendidos. E a sexta parte da vara
Variante: FORCO
Vid. Vara
LEGUA, s.m. Medida itineraria de lonxitude de 5 quilómetros e medio.
Vid. LENGUA MARIÑA

LIÑA, s.f. Medida de lonxitude de 1,95 quilómetros, doceava parte da polgada que contén 12 puntos
Vid. Punto
MARDIA, s.f. Medida de lonxitude de 4 cuartas, é dicir, 84 centímetros

MILLA, s.f. Antiga medida itineraria que equivalía, entre os romanos, a mil pasos. Corresponde a 1/4 legua, e son 1.375 metros
Vid. Milla Mariña

MILLA MARIÑA, s.f. Medida itineraria de 1852 metros usada polos mariñeiros. E a terceira parte da legua mariña

PALMO,s.m. Medida de lonxitude de 21 centímetros equivalente a 1 cuarta e, polo tanto, a cuarta parte da vara
Comentario
Con se-la mesma medida cá cuarta, o palmo está moito menos estendido en Galicia, polo que se debe propor como medida estándar a cuarta. Ora ben, en tódolos lugares onde segue vixente, esta medida equivale á cuarta parte da vara
Vid. Cuarta

PASO, s.m. Medida de lonxitude que corresponde ó espacio comprendido entre o calcañar do pé adiantado e do que queda atrás. E aproximadamente un metro
Comentario
O paso non ten unha equivalencia fixa con respecto ó sistema métrico, de feito, soamente nun dos puntos da enquisa do ALGA aparece cunha equivalencia aproximada dun metro. Ora ben, se temos en conta que a milla contiña 1000 pasos, e que tiña unha equivalencia de 1375 metros, podemos deducir que o paso equivalería a 1,375 metros
Vid. Milla

PÉ, s.m. Medida de lonxitude 28 centímetros composta de 12 polgadas
Vid. Polgada

POLGADA, s.f. Medida de lonxitude de 2, 33 centímetros, novena parte da cuarta
Vid. Cuarta
PUNTO,s.m. Medida de lonxitude de 0,162 milímetros, doceava parte da liña
ROLLA, s.f. Medida de lonxitude de 2,52 metros, equivalente a 3 varas

VARA, s.f. Medidad de lonxitude de 84 centímetros, composta por 4 cuartas
Comentario
Tódolos datos dos que dsipomos coinciden na medida das 4 cuartas. Sen embargo hai unha certa tendencia a darlle un valor de 80 centímetros. Coido que a medida estándar debe se-las dos 84 centímetros, por harmonía co resto das que aquí tratamos. Hai tamén varas de 10 e 12 cuartas -que serían equivalentes á rolla-. Documéntase tamñen a VARA DE URDIDEIRA en dous puntos; nun deles co valor de 12 palmos, é dicir, equivalente á rolla. Tamén nun punto aparece a VARA DE NOVE CAURTAS, coa equivalencia que o seu propio nome indica.

VARAL, s.m. Medida de lonxitude de 84 centímetros que contén 4 cuartas
Vid, Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario