martes, 23 de marzo de 2010

O XUGO DE MULIDA


Na Galicia existen tres tipos de xugo: dous que xunguen as vacas polo pescozo (cangallas e bregueiros) e un polos cornos (molida).
O xugo de cangallas e o máis común e atópase na provincia da Coruña, norte e noroeste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo.

O xugo de bregueiros, e típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo e o Val do Miño en Ourense

O xugo de mulidas, e típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental da de Lugo.

Do xugo que nos vamos a ocupar neste artigo e o xugo de molida (mulida) que, é o máis extendido pola zona da Fonsagrada.
O seu uso é imprescindible para que os animais poidan traballar con certos apeiros como o carro, o arado, a grade.
Un xugo normal anda preto dun metro e medio de longo. Fanos os carpinteiros locais ou os mesmos campesiños, sobre todo no inverno. As mellores madeiras son o fresno e a bidueira.
Aínda que se trata dun apeiro sinxelo, cona con varias denominacións, as que sobresaen no medio son os camelos

As dos laterais coñécense por rabos da cornal, por ser aquí onde se atan as cornais ou sogas que amarran o xugo contra os cornos. A parte que se apoia sobre o animal é a camela, camella ou camba. Por último no medio dos camoscos está a mesa ou subiadeira, na que vai o loro que terma da cabezalla do carro.

Por debaixo ponse a mulida (ou molida), que adoita ser de pel chea de palla. Vai atada ós cornais ou sogas ( que poden pasar dos catro metros de longo), e por riba de todo leva a cuberta ou coberta, de coiro

O remate da cuberta por diante da cabeza dos animais recibe o nome de mosqueira, pois son para que as moscas non molesten ó animal, sobre todo nos ollos

A xugada de bois ou parella d vas vai xunguida, xuncida ou enluriada ó xugo, un animal a cada lado, e este á cabezalla do carro por unha cravilla, arredor da que se ata o loro, consistente nunha soga de coiro. Para que non se soltara ó final solíase porlle un pao (pau) ou ferro denominado prego (ou postigo).

O timon do arado non vai suxeito directamente ó xugo, senón a pezoeira ou arcoxo








No hay comentarios:

Publicar un comentario