1.-MEDIDAS DE CAPACIDADE PARA ARIDOS
ALBUCIO, vid BUCIO
ALMUDE, s.m Medida de capacidade para áridos equivalente a dous ferrados
Variante: ALMUDRE
Vid ALQUEIRO, CELAMIN, FERRADO, e TEGA
ALQUEIRO, s.m. Medida de capacidade para áridos equivalente ó ferrado
Variante: ALQUEIRE
Vid ALMUDE, FERRADO e TEGA
BUCIO, S.M. Medida de capacidade para áridos equivalente a seis ferrados
Variante ALBUCIO
CARTA, s.f. Medida de capacide para grans, equivalente á cuarta parte do ferrado
Variante CUARTA
Vid CARTEIRA
CARTEIRA, Medida de capacidade para áridos. Equivalente a cuarta parte do ferrado
Vid, CARTA
CELAMIN, s.m. Medida de capacidade para áridos equivalente a un ferrado
Variante: CELEMIN
Vid FERRADO
Vid FERRADO
CUARTA, vid CARTA
CUNCA, s.f. Medida de capacidade para áridos equivalente á doceava parte do ferrado
Variantes: CONCA, CUNCO
Vid: ferrado
CHOUPIN, s.m. Medida de capacidade para áridos equivalente a tres ferrados
ESCÁ: s.f. Medida de cpacidade para áridos equivalente a medio ferrado
FANEGA,s.f. Medida de capacidade para áridos equivalente a catro ferrados
Comentario
Os valores da fanega, medida moi estendida por toda Galicia, oscilan entre os catro e os cinco ferrados. Sen embargo, e maioritaria a correspondente ós catro ferrados, á parte de que xa Sarmiento a documentaba como medida que "vale 4 alqueires o ferrados"
FERRADO, s.m. Medida de capacidade para áridos que varía entre os 12 e os 20 quilos, segundo a clase de gran
Comentario:
A medida do ferrado e, xunto coa da tega, a mais utilizada para áridos. Esta medida, segundo Sarmiento, non se utilizaba en Galicia ata o século XVI, e no seu canto "usábase la tega, ceremin, etc". Sarmiento sinala que esta denominación en principio é adxectivo de "celemin ferrado" que, por lexicalización do adxetivo, pasará a se-la denominación máis común desta medida de áridos
O ferrado non ten unha medida unitaria en toda Galicia. A parte desto, como xa apuntamos, os seus valores dependen da clase de árido da que se trate. Nun intno de fixar aproximadamente, estes valores para as diversas clases de gran, a Gramática Galega, propón unhas medidas baseadas nos datos das enquisas ALGA.
Neste ttraballo faremos nos esa proposta precismanete por estar basada na documentarción que se nos achega os datos do seu uso actual en Galicia. Daquela, o FERRADO DE CENTEO equivalerá a uns 12 quilos o FERRADO DE FABAS a 18 quilos,; o FERRADO DE MILLO a 20 quilos, e o FERRADO DE TRIGO a 16 quilos. Ó mesmo tempo propoñemos tamén o ferrado, fundamentalmente, aínda que tamén a tega, como principal unidade de medida para os áridos
Vid ALMUDE, ALQUEIRO, CELEMIN e TEGA
MAQUIA, s.f. Medida de capacidade para áridos equivalente á sexta parte do ferrado
Comentario
As enquisas do ALGA domuentan esta medida en catro puntos, con certa variación entre 1/4 e 1/6 ferrado. Sen embargo esta última equivalencia é a maioritaria, polo que propoñemos como estándar para a MAQUIA
TEGA, s.f. Medida de capacidade para áridos equivalente ó ferrado
Comentario
Xunto ó ferrado, esta é a medida de capacidade para grans de maior extensión, aínda que o seu uso é máis reducido co do ferrado. No tocante ás súas equivalencias ateñémonos ó dito con respecto ó ferrado
TEGO, s.m. Medida de capacidade para áridos equivalente a media tega ou ferrado
Comentario
Como calquera outra medida de áridos que non sexa o ferrado ou ben a tega, o tego ten pouco uso actualmente en Galicia, como así o demostran as enquisas do ALGA, Sen embargo, o que sí parece ser unitaria é a súa equivalencia de medio ferrado, aínda que en algún lugar o tego pode equvaler ó ferrado
Vid, FERRADO e TEGA
No hay comentarios:
Publicar un comentario