miércoles, 17 de marzo de 2010

Dez cousas que o teu seguro non quere que saibas

1.- Cando din é unha boa póliza, significa boa para a compañía

Xa contrates o teu seguro directamente coa compañía ou a través dun axente/axente de seguros, non te fíes cando che digan "é unha boa póliza", xa que iso só significa que é beneficiosa para eles. Ben polo diñeiro que gañarán en comisións -que a compañía rematará cobrándoche a ti por outro lado- ou ben porque che encasquetaron un dos produtos que lles deixa maior marxe comercial. Como noutros apartados, comparar sempre é a clave

2.- Sempre podes elixir o taller de reparación

Aínda que a túa compañía de seguros intente convencerte con argumentos e vantaxes para que repares o coche na súa rede de talleres concertados, debes recordar que sempre tes dereito a elixir o lugar no que reparar o vehículo; así que se as empresas de reparación que che ofrece o seguro che veñen mal ou sentes que non van "mirar por ti" todo o que deberan, non dubides en reclamar o teu dereito a elixir o taller.

3.- O teu propio perito

Cando o seguro, xa sexa o teu ou o do contrario, debe pagar a reparación dos danos causados por un accidente de tráfico, é un perito enviado pola compañía o encargado de valor os danos e o custo dos traballos a realizar. Se non estás de acordo coa valoración, sempre podes contratar o teu propio perito para que elabore un presuposto máis axustado á realidade.

4.- Sinistro total?

En caso de sinistro total, o seguro debe indemnizarte co valor do ben que perdiches, é dicir, o teu vehículo. Normalmente, as aseguradoras utilizan uns baremos de taxación para pagarte, pero, se non estás de acordo, podes consultar o valor noutros sistemas, para comprobar se tes dereito a que che paguen unha cantidade maior á proposta pola aseguradora.

5.- Compara coberturas

Non é o mesmo dispoñer de asistencia en viaxe dende o mesmo momento en que saes de casa que estar cuberto por este servizo só cando te encontras a 25 quilómetros do teu domicilio... Á hora de comparar os prezos de distintas pólizas, asegúrate de que as coberturas son as mesmas... E de que queres pagar por elas!

6.- Paga só polo que necesites

A partir do quinto ano, non adoita ser rendible manter unha póliza a todo risco... pero é practicamente imposible que a túa compañía te propoña pasar a un seguro a terceiros. Por outro lado, revisa as coberturas da túa póliza, xa que, se eliminas algunha que non consideras necesaria, probablemente poderás obter unha redución na tarifa anual.

7.- E despois do primeiro ano?

Cando compares prezos de distintas aseguradoras, recorda preguntar o que pagaras non só o primeiro ano, senón tamén nos anos subseguintes. Hai algunhas compañías que son moi baratas, pero despois apenas baixan os prezos aínda que non declares ningún parte de accidente. En cambio, hai outras nas que o primeiro ano é máis caro, pero ofrecen interesantes descontos ao renovar a póliza cada ano.

8.- A fidelidade non sempre é boa

As políticas de prezos das compañías de seguros son cada vez máis complexas e complicadas... o que implica que a fidelidade á túa compañía non che garante un trato de favor. Máis ben ao contrario, algunhas aseguradoras manteñen pólizas con prezos anticuados, mesmo de hai máis de dez anos, cando as tarifas eran moito máis elevadas que agora debido á menor competencia no sector asegurador. Pon os cornos á túa aseguradora e pide prezo ou busca en comparadores de seguros antes de renovar automaticamente a túa póliza.

9.- Coidado ao cambiar de seguro

Aínda que cambiar de compañía aseguradora pode parecer relativamente doado, o certo é que en moitos casos non abonda con non pagar o recibo ou cancelar a domiciliación para que dean de baixa a póliza. Contacta coa túa aseguradora e infórmate do procedemento a seguir, xa que, se non o fas, te arriscas a que a empresa renove a túa póliza pero a considere impagada... o que che podería levar, mesmo, a figurar nun rexistro de morosos. Cando canceles a túa póliza, asegúrate de que a data de finalización coincide coa data de inicio do teu novo seguro.

10.- Recuperación de clientes


Moitas aseguradoras contan cun departamento de recuperación de clientes que, de xeito similar ao que acontece actualmente en telefonía móbil, ofrecen descontos aos clientes que chaman para cancelar a súa póliza. Se queres unha rebaixa no teu seguro podes probar con esta estratexia. Ollo! Non quedes coa primeira oferta xa que, nalgúns casos, as rebaixas poden superar o 15% do valor total da póliza.

fonte: yahoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario