martes, 30 de marzo de 2010

Varroa – Técnicas alternativas de control























Tanto para a Administración como para a opinión pública, a apicultura é unha actividade con baixo peso especifico, comparando-a con outras actividades gandeiras. Os seus productos obtidos apresentan un monto económico mínimo comparado cos outros sectores (vacino, porcino, etc.) Isto é unha situación fictícia, xa que o maior valor da apicultura non son os seus productos directos, se non a polinización de espécies silvestres e cultivadas. Si desaparecesen as abellas seria un autentico desastre ecolóxico, e moitos dos nosos cultivos verian cair a sua producción de forma alarmante. A pesar de isto segue-se considerando a apicultura como unha ganderia de segunda, non emprestando-lle a atenzón que merece. Posíbelmente esta é a causa da pouca información da que dispoñen os técnicos á hora de resolver os problemas que se lle plantean hoxe á apicultura (mortalidade por agrotóxicos, varroa, etc.).

Introducción

A varroase é o principal problema patolóxico da apicultura actual, é unha enfermidade parasitaria cuxo axente causante é o ácaro Varroa jacobsoni, endémica no sudeste asiático e cuxo hospedador orixinário é Apis cerana. Neste caso existe un equilibrio entre parasito e hospedador, o que permite prescindir dos tratamentos sen que se vexa ameazada a supervivencia da colónia. Na actualidade, e debido ao comércio de enxames e trashumáncia, a varroa atopa-se xa estendida por todo o mundo e só algunhas illas se manteñen libres desta parasitación.
A varroase é unha enfermidade que afecta ás abellas en todos os seus estádios de desenvolvimento. A simple vista pode-se observar un parasito que é a fema adulta sobre as abellas.A sua coloración é castaño caoba, con unha morfoloxia similar ao dun cangrexo, a sua forma é elipsoidal, de tamaño algo maior que a cabeza dun alfinete (1,1x1,5 mm), contando con 4 pares de patas. En conxunto o seu estruturo é o típico dos ácaros.

O macho de varroa é moito mais pequeno e apresenta cores blanquecinos tirando lixeiramente a grisáceos, non pode alimentar-se e despois de fecundar ás fémeas morre dentro da celiña.
Os ataques de varroa producen-se mais nos zánganos. Para a sua reprodución ao sétimo dia a fémea fecundada entra na celiña da larva e deposita os ovos sobre esta. Estes ovos eclosionaran xerando varias fémeas e un macho, que fecunda ás suas própias irmás, de tal forma que cando a larva da abella completa a sua metamorfose sae e con ela emerxe da celiña o parasito proxenitor e parte da sua descéncia, o macho e a descéncia non madura, morrerán. Polo tanto, a reprodución do parasito só realiza-se en presenza de cria nas colmenas.
As femas realizan a posta segundo sexa a larva (obreira ou zángao) sendo as postasde 3-5 ovos no caso de se tratar dunha obreira e de 3-7 ovos se se trata dun zángao.A varroa pon ou seu primeiro ovo ás 60 horas de opercularse a celiña, e vos seguintes ovos a intervalos de 30 h.;o primeiro ovo posto producirá unha fema, o segundo un macho, e todos os demais femas.
O ciclo descrito acontece-se varias veces ao longo da vida da parasita, pola que a medra da povoazón é rápido sempre que haxa cria disponíbel

Consecuencias da varroase.

Tal e como xa dixemos, os danos de varroa se producen tanto en abella adulta como nas ninfas. A varroa co seu aparello bucal inxectan cuspe e a continuación succionan a hemolinfa das obreiras e zánganos.
Algunhas das consecuencias provocadas pola varroase:
  • Danos físicos sobre abella. As larvas e pupas afectadas ven-se na colmena, xa sexa con un notabel incremento da mortalidade ou coa presenza de adultos anormais (pequenos; sen alas; con corpo ou alas deformadas).
  • Perdida na produtividade do colmenar.
  • Contaminación dos productos da colmena cando se utilizan productos químicos.
  • Aparición de resisténcias aos fármacos. Actualmente hai zonas de España onde o fluvalinatoxa non xurde efeito sobre a varroa.
  • Transmisión de outras patoloxias (virosis, etc) debido á acción inoculadora de determinados microorganismos.
  • Morte das colmenas.
  • Difusión da enfermidade.

A varroase expande-se rápidamente. As suas características unida á intervención do home provocaron que en pouco tempo, este distribuída por case todo o mundo.
Algunhas causas da difusión do ácaro:

  • A trashumáncia é unha das suas principais causas.
  • Por meio dos zángaos e o seu acceso libre a todas as colmenas.
  • O efeito deriva.
  • A pillaxe das colmenas débis.
  • Os enxames silvestres non tratados.

Diagnostico sobre abellas adultas e cria operculada

É convinte cuantificar o número de ácaros nas colmenas, é dicer calcular a porcentaxe de infestación para tomar medidas de control adecuadas.
A detección da varroa apresenta certas dificuldades xa que a visualizazón do ácaro sobre as abellas nun control de rutina só é factíbel cando a porcentaxe de infestación é relativamente alto (maior do 5%). O diagnóstico de campo poderemo-lo facer tanto en abella adulta como en cria. Nunha inspección inicial das colmeas, podemos atopar as típicas danadas polo parasito, espécialmente sobre os cuadros de cria. Este é un sintoma inequívoco de que a colmena atopase parasitada. Se ademais atopamos parasitos con facilidade significa que a colmena esta moi parasitada.
O non atopar abellas danadas ou non detectar os parasitos non significa que non haxa parasitación, polo que se fai necesário un diagnóstico mais meticuloso. Para realizar un diagnóstico fiabel debe provocar-se o desprendimento dos ácaros que se atopen sobre as abellas, ou investigar a sua presenza en celiñas de cria operculada.
Diagnóstico en abellas adultas.-Introducir 100 abellas vivas (dun cuadro de cria operculada) nun balde de fondo claro, vertendo auga fervendo e agitar 5 ou 10 minutos; os ácaros irán-se para o fondo e as abellas aboiasen. Pode-se engadir deterxente de lavadora á auga para facilitar o desprendimento dos ácaros. Filtraremo-las por unha maia de aprox.3 mm de luz, recollendo o liquido e as varroas nunha bandexa. Esta técnica pode-nos dar unha idea aproximada do grao de parasitación.

Técnicas de manexo preconizadas por “A Nova Apícultura”.
Descartados totalmente os métodos de control químicos.- O controlo de calquera problema sanitário mediante substáncias químicas ocasiona moitos problemas a ter en conta, como poden ser:
  • Perdida segura de rusticidade da abella.
  • Xeración de problemas de resisténcia nos ácaros.
  • Aparición de resíduos dos pesticidas nos productos da colmena.
As técnicas preconizadas por “A Nova Apicultura” contribuen a manter o equilibrio interno da colónia e son abondo comuns a todas as patoloxias. No caso da varroase axudan a limitar a medra da povoazón do ácaro dentro da colmena.
  • Mudar a raíña, isto contribuirá a manter a colónia con moito vigor e mais tolerante ás infestacións.
  • Resisténcia natural desenvolvida pola abella. Existen colónias que son mais resistintes a varroa. Isto manifesta-se a través do comportamento hixiénico, a abella aprende a desprenderse do parasito. Esta pode ser unha nova liña de selección a ter moi en conta.
  • Prevenir o abandono de colmenas débis xa que son fontes de reinfestación por pillaxe.
  • Usar na colmena fondos sanitários de reixiña. Axudan a que as varroas desprendidas polas abellas caian fora da colmena, eliminan fumidades e van ben contra os fungos, facilitan a trashumáncia.
  • Usar a colmena mais adaptada á loita natural da abella contra a varroa. Características:
  • Cámara con 9 cuadros industriais, o que se chama espazo Mussi; con mais espazo entre cuadros que axuda ás abellas a desparasitarse.
  • Meias alzas de 8 cuadros, facilita igualmente a desparasitación, é mais fácil de desopercular e de algún xeito fai de excluidor de raíñas.
  • Fondo sanitario de rexilla
  • Tapacuadros de metacrilato, aforra de abrir a colmena a miúdo permitindo observar desde fora e só intervir cando é preciso.
  • Segurar abundancia de reservas invernais.
  • Controlo anual da enfermidade mediante productos naturais non contaminantes, por ser estes productos mais respetuosos coa abella e o meio ambiente.

para saber máis: http://www.pesticidasnongrazas.org/Arquivos/Pesticidas%20na%20prensa/SOS%20Abellas-%20Resvista%20CERNA.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario