2. MEDIDAS DE CAPACIDADE PARA LIQUIDOS
ARROBA, s.f. Medida de capacidade para líquidos de 16 litros. Equivale a unha ola
Comentario
A arroa, como medida de capacidade para líquidos, fundamentalmente viño, é unha medida moi pouco usada actualmente, ó contrario do que ocorre coas equivalentes a ola e a cántara, se cadra debido a que existe a medida de peso do mesmo nome, moito máis usada. Os diversos diccionarios só rexistran a arroa (ou arroba) como medida de pesoo, e soamente o Glosario...de Constantino García e mailas inquisas do ALGA a documentación cun valor maioritario de 16 litros
Variante: ARROBA
Vid. OLA e CANTARA
AZUME, s.m. Medida de capacidade para líquidos de dous litros. Está composta por catro netos.
Comentario
Esta medida debe estar en desuso actualmente, pois non aparece domcuentada máis ca no diccionario de Eladio Rodriguez cun valor de 2,016 litros. Tamén o Padre Sarmiento a documenta, xa no século XIII, coa equivalencia dunha "quarta de viño", e dicir, "5 cántaras", ou sexa dous litros. Ámbalas documentacións falan da forma castelá "azumbre". Debemos ter en conta esta medida, equivalente a catro netos, por se-la única das tradicionais con esta equivalencia. Tamén é importante a recuperación do seu nome tradicional "azume"
CABAZO, s.m. Medida de capacidade para líquidos de 16 litros. Equivale a unha cántara ou ola
Comentario
Esta medida equivalente á cántara aínda ten menor uso cá arroa. De feito só a documentamos no diccionario de Eladio Rodriguez, na Enciclopedia Galega (aquí coa denominación de "calabazo", e no Glos..de Constantino García nun só punto, en Goián. Debe ser unha medida en desuso prácticamente, pero moi antiga, pois xa aparece documentada por Sarmiento cuha equivalencia aproximada ós 16 litros. Por outra banda, Eladio Rodriguez especifica que se trata dunah medida utilizada nalgunhas bisbarras da provincia de Ourense
Vid, OLA e CANTARA
CANADA, s.f. Medida de capacidade para líquidos, principalmente viño e leite, de 4 litros. E a cuarta parte da ola
Comentario
As equivalencias da canada son variadísimas, tal e como podemos observar nas diversas fontes manexadas. Por unha parte, Eladio Rodriguez, se cadra por unifica-las moitas variedades baséandose na medida portuguesa, outorgarlle unha equivalencia de 2 litros. No Glosario... de Constantino García cocumentase medidas tan dispares como 1,2,4 e ata 32 litros. Tamén Sarmiento acjega algunhas documentacións da medida cunhs valores que van dos 4 ós 24 litros. A nosa escolla está baseada fundamentalmente nos datos das enquisas do ALGA, das cales o 70% lle dá a canada un valor de catro litros
CANADO, s.m. Medida de capacidade para líquidos de 32 litros. Equivale a 2 olas ou cántaras
Comentario
Parece bastante uniforme esta medida en toda Galicia, aínda que as documentacións das que dispoñemos parecen indicar que pode variar segundo as zonas. Sen embargo, xa desde Sarmiento, a medida más común é a das dúas olas
CANTARA, s.f. Medida de capacidade para líquidos de 16 litros. Equivale a 1 ola.
Comentario
Esta medida, xunto coa ola, é tal vez a máis uniforme de todo o sistema de pesos e medidas tradicionais. Tódalas documentacións das que dispoñemos lles dan un valor de 16 litros, aínda que podemos atopar algunhas pequenas variantes, pero xa mesmo Sarmiento a documentaba con este valor. Con respecto a ola hai que dicir que ámbalas dúas son totalmente maioritarias como unidade de medida de 16 litros, polo que non lle debemos dar prioridade no uso a ningunha delas, xa que parecen estar distribuidas equitativamente ó longo de todo o territorio galego. Cando falamos da cántara debemos ter en conta a súa variante, o cántaro, que incluso se usa, coa mesma capacidade, nun mesmo lugar ó lado da cántara.
Variante: CANTARO
CANTARO, Vid CANTARA
CARTA, s.f. Medida de capacidade para líquidos de oito litros. Equivale á cuarta parte do canado, e dicir, media ola
Comentario
Sen dúbida é a carta a medida de capacidade para líquidos que ten un valor máis variable en todo o territorio galego. Soamente contamos con documentación extraída das enquisas do ALGA, segundo cales é maioritaria a medida entre oito e dez litros. Optamos, daquela, por propoñer como medida estándar a dos oito litros, a cuarta parte do canado, segundo a documentación tamén na gramática galega
Variante: CUARTA
Vid, CANADO
CARTEIRON, s.m. Medida de capacidade para líquidos dun cuarto litro. Equivale a medio neto
Comentario
Esta capacidade é prácticamente xeral en toda Galicia para o carteiron. Así o podemos documentar en tódalas fontes utilizadas. Soamente nas enquisas do ALGA documentamos dous puntos nos que o carteiron, no canto de equivaler a 1/2 neto, equivale a 1/4 neto, e dicir, 1/8 litro
Variante: CUARTEIRON
CUARTILLA, s.f. Medida de capacidade para líquidos de catro litros. E a cuarta parte da cántara
Comentario
A capacidade da cuartilla tamén e bastante unitaria en todo o territorio galego; sacadas algunhas inquisas do ALGA, toda a documentación da que dispoñemos nos dá unha equivalencia de 4 litros, ou sexa, a cuarta parte da ola. Ademáis, debmos ter en conta que, o mesmo có cuartillo, esta medida está tomada da medida homónima casteláa, coa denominación e a equivalencia incluidas, polo que ó termo la-canada, como medida tradicional coa mesma equivalencia cá cuartilla, coido que lle debemos dar máis prioridade como medida estándar euqivalente a cuarta parte da ola.
Vid, CANADA e CUARTILLO
CUARTILLO, s.m. Medida de capacidade para líquidos de medio litro
Comentario
A medida do cuartillo é prácticamente unitaria en toda Galicia. Penso que se trata dun caso moi semellante ó da medida da cuartilla. Se temos en conta que o neto equivale ó cuartillo e esta igualmente estendido por todo o territorio, ó lóxico é que o propoñamos como medida estándar tradicional para o medio litro, aínda que, lóxicamente non debemos rexeita-lo cuartillo por ser tamén unha medida de moito uso en toda GALICIA
Vid. NETO e CUARTILLA
MOIO, s.m. Medida de equivalencia para líquidos de 128 litros. Equivale a 8 olas.
Comentario
Pouco hai que apuntar acerca da capacidade do moio, pois é totalmente uniforme en toda Galicia
NETO, s.m. Medida de capacidade para líquidos de medio litro. Contén dous cuarteiróns
Comentario
Tamén, o mesmo co cuartillo, estamos ante unha medida uniforme en Galicia, aínda que nalgún punto illado a podemos atopar cunha equivalencia dun litro
Vid. CUARTILLO
OLA, s.f. Medida de capacidade para líquidos de 16 litros. Equivale a cántara
Vid. CANTARA
No hay comentarios:
Publicar un comentario