martes, 30 de marzo de 2010

Involución en todas as ramas e en todas as comarcas






A diferenza doutras crises, esta afecta ao conxunto de actividades industriais e a todas as comarcas de Galicia. Non é unha crise localizada, senón global. Das dez ramas significativas, nove sofren destrución de emprego e só unha, a alimentaria, mantén o seu nivel de ocupación.
En cifras absolutas, é a metalurgia a que máis postos de traballo destrúe: 7.900 persoas menos traballan neste campo. A caída na ocupación afecta por igual a outras ramas industriais tradicionais de Galicia: a do automóbil perde 4.000 empregos (20%), a construción naval, 2.100 (20%) e o téxtil, 4.400 (o 24%).
Pero a máis forte, en cifras relativas, prodúcese nas actividades máis ligadas á edificación civil. Así, a madeira perde 3.300 empregos, un 24% menos da súa ocupación no 2007. Por outra banda, o moble retrocede un 29% ao perder 2.100 empregos nos dous últimos anos.
Saídas
O sector industrial ten que situarse no centro das preocupacións dos responsables económicos e políticos do país, pois é o que máis sofre a crise e as industriais son actividades con gran risco de deslocalización, e porque a industria desempeña un papel central na articulación económica dos territorios.
Faise imprescindible recuperar a política industrial como un instrumento para manter o tecido produtivo e para impulsar o cambio de modelo actual, prestando especial atención aos sectores máis dinámicos e os que acheguen maior valor engadido, emprego e tecnoloxía.?

No hay comentarios:

Publicar un comentario