Entre 1996 e o 2007, a economía galega gozou dun intenso ciclo de crecemento no que a industria participou activamente. Nese período, o número de persoas que traballaban nas actividades industriais pasou de 147.300 a 217.500 persoas, un espectacular incremento do 48%, que equivale a un valor medio anual acumulativo do 4% durante 11 anos.
Este proceso de industrialización cambiou a estrutura produtiva de Galicia, porque ao alcanzar o emprego secundario o 18% de todos os ocupados, colocouse como a sétima comunidade con maior peso industrial. Un exemplo ilustrativo é que, na de Madrid, o emprego industrial só representa o 10%.
Con todo, o proceso de creación de emprego industrial esgotouse no 2008, empezou a caer cara ao final do ano e esborrallouse a partir do primeiro trimestre do 2009. Os datos do emprego reflicten con algo de atraso os cambios na actividade económica, que é en última instancia a que determina o volume do emprego. Por iso é preocupante o esborralle da actividade industrial no 2009, unha caída que confirma que estamos ante unha gravísima crise da industria, que seguirá destruíndo emprego no futuro.
A produción industrial caeu o ano pasado un -13,7%, un auténtico mancar que contrasta cunha caída do -0,1% dos servizos ou do ?-5,6% da construción. De feito, o retroceso do -3% do PIB galego está explicado pola forte contracción do industrial, de modo que a crise actual é, sobre todo, industrial.
A forte deterioración da actividade está a provocar unha grave perda deste emprego. Desde que empezou a crise perdéronse 37.800 postos de traballo na industria galega, unha cifra que equivale ao 17% dos que había a mediados do 2008. Xa que logo, de cada dous empregos perdidos en Galicia pola crise un era industrial. Este axuste tan duro fixo retroceder o número de persoas que traballan neste sector aos niveis do ano 2000. En só 18 meses perdeuse todo o emprego secundario creado nos 8 últimos anos e con iso xa se destruíu máis da metade do que se xerou desde 1996, no que foi o período máis expansivo da industria galega en toda a súa historia.
O peor é que a dinámica negativa non se detivo. Mentres que noutros sectores, como a construción, o emprego xa non cae porque terminou o axuste, na industria, os últimos datos seguen sendo negativos.?
Peor período
De feito, o período no que máis emprego se perdeu foi o 2009, en concreto a partir do segundo trimestre do ano. Así, nos últimos nove meses concéntrase a caída de 25.500 empregos, isto é, case o 70% de todos os que se perderon desde que empezou a crise. Este é, sen dúbida, un balance dramático, porque perdemos en pouco máis dun ano todo o que alcanzaramos nos 8 anos anteriores, de tal forma que a década que termina no 2009 foi unha década perdida para o emprego industrial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario