viernes, 1 de julio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA XX: A POBRA DE BURON


Pobos: 5
Poboación: 130 Veciños (2007)
Extensión: 1,20 Km2
Densidade: 110 hab/Km2
Límites:
Norte: S. Pedro de Neiro
Sur: Bastida
Este: Bastida
Oeste: Pacios e Bastida
No ano 1.991, contaba con 151 veciños cúnha densidade media de 125,8 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 144 veciños. No 2007 contaba con 130 veciños, 71 homes e 59 mulleres.
Según o Nomenclator da Xunta de Galicia e o Borrador do PXOM de 2005, a parroquia de Proba de Buron estaria composta por 5 pobos, tendo trambasaugas unicamente 2 vivendas.

POBOS


O Chao
Milladoiro
A Proba de Buron
A Cruz Nova
Trambasaugas

HISTORIA
Capital do concello ata o ano 1.835 en que pasou a pertencer ao Concello de A Fonsagrada.

O historiador Amor Meilán considera que, de ser verdade, como afirman algunhos eruditos, que Juan Osorio, señor de Burón, loitou en Covadonga ó lado de Don Pelayo, ésta sería a primeira referencia histórica sobre o municipio actual.
Según García de la Riega, a antiga Comarca de Burón foi o habitáculo no que asentaronse, en tempos remotos, os "Abólgicos", que serían os nosos antergos castreños.
1.200 (Aprox.) E fundada a Villa de Pobra de Burón posiblemente por Alfonso IX e agrupaba os concellos de Fonsagrada e Negueira.
1.265 Unha carta hallada no Monasterio de Meira, mostra ó Concello de Burón funcionando de forma organizada.......
Polos anos 1.450 estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara.
1.480 O Concello de Burón pasa a mans do Conde de Altamira.
Nas revoltas "Irmandiñas" do seculo XV, as xentes de Navia e de Burón aparecen comandadas por D. Pedro Osorio, fillo do Conde vello de Trastámara e irmán do Marqués de Astorga.
1.458 Inés de Guzmán era a Señora dó Concello e vendería por 500.000 maravedíes ó Conde de Lemos D. Pedro Osorio, os dereitos administrativos e impostos.Pedro Álvarez Osorio, guarda mayor do rey, que loitou a finales do século XV contra a revolta das hermandades (v. irmandiños). Personaxe nas cortes de Juan II (1405-1454) e Enrique IV(1454-1474 de Castilla y León. Escribiu poesía. Concedendoselle os títulos de conde de Trastámara (4-2-1445) e de conde de Lemos (26-6-1456) este último con Grandeza de España.
1.480 (aprox) Este señorio pasóu da casa de Lemos a da Condesa de Altamira Dña Urraca Moscoso. A Casa de Altamira era entonces das máis importantes de Galicia e administraría o concello a través dun xuiz ou merino nomeado por él, gobernando hasta principios do seculo XIX en todas-las terras buronesas, a excepción dos cotos de O Padrón, donde gobernaba a encomienda de Portomarín; Carballido, adscrito ó monasterio de Villanueva de Oscos; e os cotos de Lamas de Moreira e Bustarvelle, que pertenecían a familias particulares.
1.480/85 (Aprox.) Os veciños de Burón pleitean contra Dña. Urraca ó considerar que graváballes demasiados impostos. A Real Cancillería de Valladolid dictaría en 1.490 la sentencia pagasen 12.000 maravedíes o ano, realizar servicios un día o año na fortaleza de Pobra de Burón, acudir á guerra cuando foran solicitados e diversas donacions de gando. Esta sentencia foi confirmada polos Reis Católicos nunha carta executoria, así que o concello víuse obrigado a pagar. Mediante este pleito, doña Urraca tratóu de resarcirse dos efectos da rebelión irmandiña, na que participaron unos 10.000 hombres de Burón y de Navia ó mando de Pedro Osorio e destruiron a fortaleza que logo tiveron que reedificar.
1.490 Ademáis de sali-la sentencia anterior e de destacar o aposentamiento nestas terras das familias Montenegro e Páramo.
1.835 pasa a pertencer ao Concello de A Fonsagrada.

QUE VER?
O Chao


Camiño Primitivo de Santiago
Restos da Fortaleza dos Condes de Altamira
- É a torre do antigo castelo, na actualidade, só mantense en pé unha pequena parte da torre do homaxe. Os muros de gran gosor son de duas follas de manposto de xisto, recheado de cachotes e mortero de barro caleado.A torre foi reedificada po los Moscoso despois da revolta Irmandiña. Por fontes documentadas sabese que o conxunto do castelo tiñavarias torres. Etimoloxicamente o termo “BURON” ven do “BURUN” latino, dun itinerario romano.
6 Horreos con teito de palla e lousa
Palloza con teito de palla.-
Tratase dunha construcción realizada en cachotería de pizarra, e o seu tellado ten forma cónica e é de palla. Esta construcción é típica das áreas de montañas das provincias interiores de Galicia, Lugo y Ourense.
Igrexa Parroquial de Santa Magdalena
Capela de San Xosé.
- Tratase duna construcción de pranta cadrada, realizada con mampostería de esquisto, e ten o tellado de pizarra a duas augas. No centro dla fachada, culminándola, está eo campanario que ten dous vanos arqueados. O maior ten o cuorpo cadrado; mientres que o que está no segundo corpo do campanario, é de menor tamaño e é un tímpano de forma curva. Da base docampanario, parten dous tramos curvos ata as esquinas da fachada, que é un elemento típico do barroco.
Casa Rectoral (Abandonada)
Casa Do Blanco.-
Vivenda de planta cuadrangular con un lado de aprox. 15 m. , Estructura basada en muros de mampostería de Xisto. Consta de dous muros medianiles interiores sobre os que se apoia a estructura de cuberta ( vigas de madeira), con posterior inrripiado e cubrición superior de lousa. Carpinterías de madeira portas de castiñeiro,. O conxunto de vivienda e anexos e de 15 x 25 m.


Restos da Fortaleza dos Condes de Altamira (O Chao-Pobra de Burón)


Milladoiro

Casa das Casoas e Torre do Concello.- Casa de labranza. Conxunto formado por casa de planta rectangular e torre ambas as duas adosadas: A Casa; debido a o desnivel do terreo accedese directamente a vivenda no primeiro andar. Na planta terrea situanse as cortes. Os muros son de mampostería de xisto, é salientable a lumieira con sinselo arco de descarga na porta do cortello. A cuberta e a duas augas con cuberta de lousa. Foi prisión en conxunto coa torre. A Torre; Ten unha planta cuadrada de lado 6.5m Os muros son de mampostería de Xisto os ocos formanse con pedras mais grandes de pedras de granito. A cuberta e a catro augas de Lousas. A torre e a parte do conxunto mais antigo.
Casa do Pardo.- Casa de labranza. A vivenda, de planta rectangular, engadironse unha palleira e mais construcción adxetivas formando un conxunto orgánico, materiais tradicionais, cachotería de xisto revocado nos muros, pisos de madeira e cuberta de enlousado.
Hórreo da Casa Grande.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 5.75x 5.75m. sobre catro pes de madeira que se apoian sobre muros de xisto. A estructura exterior e de madeira, con un paramento moi ben traballado. A cuberta e a catro augas de lousa.
A Pobra de Burón
Camiño Primitivo de Santiago
Casa de Toledo con palleira con teito de palla

No hay comentarios:

Publicar un comentario