viernes, 15 de julio de 2011

Tara Rego gaña o concurso de deseño de camisetas na Fonsagrada



Tara Rego Neno, de 23 anos, proclamouse gañadora do concurso de deseño de camisetas convocado polo Concello da Fonsagrada. Esta nova fonsagradina inspirouse para a súa creación nas festas patronais que se celebran en setembro na localidade e na altura, característica moi representativa do concello da Fonsagrada, ao estar situado no pico dunha montaña
A vencedora do certame, deseñadora gráfica e licenciada en Belas Artes, mostrouse onte moi satisfeita pola concesión do premio.
O xurado, constituído por catro compoñentes, premiou á moza ao considerar que o seu deseño era o que mellor cumpría as características de orixinalidade e estética requiridas. Ao certame presentáronse once creacións.
Premio
O premio consiste nunha achega económica de 150 euros, que irá acompañada dun diploma acredidativo. Ademais, o deseño de Tara Rego vai ser impreso nunha serie de camisetas que se venderán co fin de recadar fondos para as festas patronais da Fonsagrada, que se celebrarán no mes de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario