jueves, 21 de julio de 2011

UU.AA. cifra en 110 millóns as perdas das explotacións de vacún



O sindicato Unións Agrarias presentou un informe no que se cuantifican en 110 millóns de euros as perdas das explotacións de vacún na provincia de Lugo, debido ao incremento dos custos de produción e á seca na última campaña.O secretario de servizos do sindicato, Óscar Pose, explicou en conferencia de prensa que a seca reduciu a produción das praderías nun 35 por cento mentres e o de millo nun 80 por cento.Así mesmo, engadiu que a estas cifras negativas "hai que sumar o incremento do prezo do gasoil, do penso e da electricidade", o que implica unha media de 10.000 euros de perdas por cada explotación da provincia.Neste contexto, o sindicalista solicitou ás institucións a posta en marcha "de inmediato de axudas directas para comprar forraxes", e reclamou a posibilidade de renegociar préstamos e acceder a créditos brandos.Unións Agrarias tamén pediu a creación dun observatorio independente de prezos en toda a cadea de produción, co "fin de saber onde están as marxes e intentar mellorar a situación dos produtores", aclarou Pose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario