miércoles, 20 de julio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XXVII): VILABOL DE SUARNA


  • Pobos: 8
  • Poboación: 156 Veciños (2.007)
  • Extensión: 16,97 Km2
  • Densidade: 9,19 hab/Km2  (2.007)
  • Límites:
    • Norte: S. Martín de Suarna e Monteseiro
    • Sur: Navia de Suarna
    • Este: Monteseiro e Vilar da Cuíña
    • Oeste: Cereixido e Arroxo
     No ano 1.991, contaba con 241 veciños, cúnha densidade media de 14,2 hab/km2 . Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 163 veciños. No censo do 2.007 aparecen 168 veciños, dos cales 88 son homes e 68 mulleres. No ano 2011, SEGUNDO O NOMENCLATOR DO INE, tiña 126 habitantes, 74 homes e 52 mulleres.
 POBOS




Poboación: 27 veciños Altitude: 480 m.     Código postal: 27.114
Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 uns 16 Km? e chegaremos a  Vilabol de Suarna.
Hay que ver:
  • Igrexa de Santa María de Vilabol.- Posiblemente románica aida que foi aumentada posteriormente.Consta de un porche, unha nave e un ábside, alineados segúndo un eixo. Na parte superior atópase un campanario con duas campanas. Esta construido con xisto, ainda que hai partes encaladas. O interior esta bastante ben conservado. Recientemente foi restaurado o retablo principal. Hai varias estatuas.
  • ¿Capela privada de Penamaría?
  • Casa Rectoral
  • Casa de Rois.- Ten forma cuadrada, cuberta a catro augas destaca a presencia de unha grande galería (ocupa un lado completo) virada a vagoada. É armoniosa e ben proporcionada.
  • Casa de Corredoira.- Data dos anos 1.875-1.930. É unha casa de forma lineal que resultóu de engadir varias construccións a o lado dun camiño. Consta de unha palleira, unha bodega, corte, casa, porche, torre, coarto novo, pozo, fonte, hórreo,etc. Todo construido con xisto, con partes encaladas. Ten unha gran galería e alguns cerramentos de madeira. Ten bon moblexe e un importante lagar.
  • Palloza
  • Hórreos

    AIRIXIN
     

Poboación:  14 Altitude: 430 m.    Código postal: 27.114
Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. Percorridos 7 Km., no final de Vilagocende, hay que coller a estrada da dereita, pasar a Ponte de Souto e subir ata enlazar coa estrada de Cereixidoo a cal colleremos a esquerda para chegar a Airixin.
Hay que ver:
  • ¿Capela de Santo Antón?
  • Casa Darriba.- Data do século XVIII. Consta de catro edificios: A Casa, a Torre, a Palleira e a Capela. A mesia ladeira. A casa de planta cadrada, cuberta a catro augas de lousa. Consta de planta principal, semisóto ( cortes) e fallado. Construida en pedra de xisto e carpinterías de madeira. Ten una inscripción datando a casa en 1.7.......Esta actualmente abandonada
  • Hórreos
    ESTOUPELO

    Poboación: 20 veciños.  Altitude: 800 m.   Código postal: 27.114
    Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. e continuar ata pasados os cruces de Xegunde e Sancedo, seguremos subindo ata chegar a Estoupelo.
    Hay que ver:
    • Capela de San Isidro
    • Hórreos
    • Fonte
      MIRALLOS 
    Poboación: 4 veciños Altitude: 850 m.     Código postal: 27.114
    Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller no Cementerio de Padrón a esquerda cara a Lamas de Moreira. No medio do pobo coller a estrada da esquerda ata Veiga de Arroxo, e ali coller dirección San Estevo y seguir a estrada ata atopar a dereita o desvío a Mirallos.
    Tamén se pode ir por Brancio
    Hay que ver:
    • Hórreos
    NARAXA

    Poboación: 15 veciños   Altitude: 380 m.     Código postal: 27.114
    Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. e no PK 9,8 atoparemos o cruce de Naraxa.
    Hay que ver:
    • Praia fluvial PENA DO INFERNO 
    • Capela da Divina Pastora
    • Hórreos
      A RETORTA

    Poboación: 1 veciños.     Altitude: 380 m.     Código postal: 27.114
    Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. e percorridos uns 10,5 Km atoparemos a dereita o cruce de A Retorta.
    Hay que ver:
    • Muíño
    • Hórreo
    • Xunta dos Ríos Lamas e Suarna.- Ainda que no momento en que se xuntan, o Río Lamas leva mais caudal que o Suarna, o tramo que continúa ata desdembocar no Río Navia, aparece nos planos topográficos como Río Suarna. É decir que o Río Suarna nace en Castro de Fonfría e desemboca pasado a Ferrería no Río Navia.
      SANCEDO 

      Poboación: 14 veciños. Altitude: 700 m.     Código postal: 27.114
      Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. e continuar ata que pasado o cruce de Xegunde, chegaremos ao cruce de Sancedo.
      Hay que ver:
      • Palleira
      • Varios hórreos

         XEGUNDE

        Poboación: 31 veciños.  Altitude: 500 m.     Código postal:  27.114
        Accesos: Dende A Fonsagrada hai que coller a estrada LU-721 dirección Vilabol de Suarna. e continuar ata chegar aos cruces de Xegunde.
        Hay que ver:
        • Capela ¿de S. Roque?
        • Numerosos hórreos
        • Castro de Xegunde

No hay comentarios:

Publicar un comentario