viernes, 1 de julio de 2011

Unha limpadora do instituto da Fonsagrada sufriu unha lesión nunha man


Unha limpadora do instituto Fontem Albei, da Fonsagrada, sufriu onte unha lesión nunha man mentres traballaba. O traumatismo produciuse ao quedarlle unha man atrapada por unha fiestra de corredera.

O servizo de urxencias 112 foi alertado do accidente laboral e requiriu a presenza de efectivos do 061 e de Protección Civil da Fonsagrada.

A traballadora non sufriu feridas de gravidade, aínda que no momento do accidente sufriu un desmaio, segundo fontes próximas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario