ACEÑA DO FERREIRO
Responde ós tres requisitos que esiximos para catalogala como aceña, e así é coñecida por aquí. Cobraba maquía, bortelaba e tivo dúas pedras. Agora conserva unha soa pedra: a da fariña da xente.
Na estolda ten dous rodeces: o de máis diámetro –que move a pedra- é de ferro co aro e pelas radiciais tamén dese metal, o pequeño –de bortelar- é de “palas” ou pas de metal pero non planas senón un chisco cóncavas e sen aro. O árbol ou barrón é cilíndrico, de pau (20 ctms de diámetro)
E evidente que, tendo dous rodeces, debía ter dúas caídas de auga. Así o bortel funcionaba independientemente.
Na estolda da outra pedra habilitouse unha planta de luz polo que ese lado da construcción (ó Norte) desaparece o piso de táboa. Conta con certa iluminación gracias a dous ventaos ó Oeste e unha ventá ó Norte que pechan por dentro cuns travesaños feitos por un ferreiro.
Adosado ó Sur hai un cabanón, construido despois cá aceña cuberto tamén a dúas augas e duns sete metros de lonxitude por catro de anchura. Nel abeirábanse as caballerizas.
No cabanón, a esquerda, onda a porta, notánse restos dun poio de Madeira de dous metros de largo.
No banzado hai unha bifurcación para reparti-la auga e dúas estoldas
Traballo feito polos nenos e nenas do Colexio de Vilardíaz: Sonia Fernández Señor, Raúl García Martínez, Manuel López García, Lucita Martínez Lombarcía, Ana María Méndez Enríquez
Dirixidos pola profesora Inés Pérez Rellán no ano 1990

No hay comentarios:
Publicar un comentario