miércoles, 17 de febrero de 2010

A FONTE SANTA DA FONSAGRADA

A orixe do topónimo e do comezo do poboamento do lugar da Fonsagrada, hoxe capital do concello do mesmo nome da provincia de Lugo, ten que ver coas virtudes desta fonte:»Antes a Virgen de Fonsagrada taba na Puebla de Burón. Alí taba o juzgado e o ayuntamiento, taba todo; era unha gran puebla. E despois o cura vía aí un bon sitio, aí pa riba, para donde ta A Fonsagrada, e había unha fonte milagrosa alí, que hoi non beben nin as vacas nela, e corre, pero parece que é ruín a auga. E [o cura] levaba a Virgen para alí.E veña, iban por ela para Puebla de Burón pero a Virgen volvía a marchar de noite pró Carballal, prá Fonsagrada. E dixeron:—Bueno, hai que lle facer unha ... . Entonces, a Virgen non quere parar aiquí.E dixo o cura:—Hai que lle facer unha capilla arriba onda a fonte.Que é onde ta. E levárona para alí e por eso ven hoi o nombre de Fonte Sagrada. Foi cuando había o Camín de Santiago por aí. E despois viñan os peregrinos peregrinar aí e foi cuando deu en correr o pueblo para alí. Traían os cuartos para onda a capilla e non os levaban para Puebla, e foi cando subiron todo para riba. Esa é outra leienda».

1 comentario:

  1. Voy a enlazar esta entrada desde el blog de Xegunde. Me parece muy interesante.

    ResponderEliminar