martes, 31 de mayo de 2011

O son do «birimbao», analizado para «Lucensia»



1O «birimbaísta» Emilio Pérez, máis coñecido como Emilio do Pando, realizou onte pola tarde unha demostración deste curioso instrumento en Lugo. Fíxoo durante a presentación na Fundación Caixa Galicia do número 42 da revista Lucensia, que edita a biblioteca do Seminario Diocesano. A públicación inclúe unha investigación sobre o «birimbao» ou «trompa» realizada pola profesora María Fouz Moreno. ¡E que mellor que un virtuoso deste instrumento tradicional para ilustrar o traballo! Natural da Fonsagrada e gaiteiro ilustre, Emilio, que foi carteiro, é un referente indiscutible para todo aquel que queira coñecer a música daquela comarca. Deste xeito, foi el quen introduciu a músicos e grupos tan prestixiosos como Milladoiro ou Luar na Lubre no saber e nos sons da súa terra. Agora que xa está xubilado continúa impartindo cursos e participando en recitais en España e Portugal. Nesta ocasión, a revista de cultura e investigación do Seminario sae de imprenta con 208 páxinas nas que, como sempre, ofrece un variado abano de cuestións relacionadas coas humanidades, a ciencia e a técnica relacionadas coa historia e a vida dos lucenses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario