jueves, 5 de mayo de 2011

Achado un empresario da Fonsagrada que estivo desaparecido máis dun día



O empresario da Fonsagrada Juan Carlos Barreira Fernández, de 43 anos de idade, foi achado a última hora da noite deste xoves, tras presentar a súa familia unha denuncia ao dalo por desaparecido tras non regresar ao seu domicilio desde o mércores á noite.
A Garda Civil puxo en marcha un operativo de procura para atopar ao home, que desapareceu o mércores cando volvía ao seu domicilio desde Castro de Ribeiras de Lea.
Fontes do 112 sinalaran a Europa Press que o empresario adoitaba visitar no seu vehículo varios negocios que ten nas localidades lucenses da Fonsagrada, Castro de Rei e Vilalba. A familia, pola súa banda, indicou que ultimamente sufría problemas de saúde.
O dispositivo de procura barallaba a posibilidade de que o home sufra un accidente e, por iso, o feito de que se tratase dunha zona montañosa e escarpada, fixo necesaria a participación do helicóptero.
O home apareceu a última hora da noite, sen que transcendesen máis datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario