Os candidatos de PSOE, PP e BNG saben que o voto na Fonsagrada -que forma partido xudicial con Baleira, Negueira, Ribeira de Piquín e Navia- será decisivo na axustada batalla que libran socialistas e populares por facerse co goberno da Deputación. 135 foron en 2007 os votos de diferenza dos socialistas sobre os populares para obter o único deputado desta circunscrición. Non é de estrañar, xa que logo, que o debate que protagonizaron en Telelugo tivese como tema central a construción dunha residencia de anciáns. é o mesmo que enfronta ao presidente da institución provincial, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, e ao seu opoñente directo, o popular José Manuel Barreiro.
O alcaldable do PSOE e actual rexedor, Argelio Queipo, e o candidato popular, Tobías Martínez, intercambiaron acusacións sobre os motivos do atraso da residencia, ao quedar a medio construír a iniciada pola Fundacion Rois de la Peña. «É un servizo moi necesario nun concello onde un 40% da poboación ten máis de 65 anos», explicou Queipo. Segundo a súa versión, a Deputación foi o único organismo que consignou fondos para o proxecto. Tobías Martínez responsabilizou ao Concello do atraso na redacción do proxecto de residencia programado pola Xunta, «que non chegou a tempo para incluílo nos orzamentos autonómicos de 2011». Argelo Queipo desmentiu estas acusacións e acusou ao PP de falta de vontade política. Martínez, pola súa banda, acusou á Deputación de non «colaborar co Goberno galego no proxecto» e insistiu en que este proxecto «deixou de ser unha promesa. Temos o compromiso firme do presidente Feijóo de que se fará»,
A cabeza de lista do Bloque, Xosefa Ortiz, esixiu que se faga unha residencia cunha capacidade mínima de 90 prazas, «cunha cobertura axeitada e que xere postos de traballo».
Os atrasos na redacción do Plan de Urbanismo preocupan a Xosefa Ortiz, que considera urxente a súa aprobación para concretar os usos do chan e aumentar a superficie dedicada a pasto gandeiro «para facer máis competitivas as nosas explotacións e achegala ao cociente europea dunha hectárea por animal». Queipo avoga por combinar os intereses agropecuarios cos forestais.
Todos os candidatos coincidiron na necesidade de crear chan industrial para xerar emprego e asentar poboación. O candidato do PP barallou a posibilidade de incluír dotacións deportivas no futuro parque empresarial. Xosefa Ortiz entende que estas instalacións deben estar o máis cerca posible do centro urbano.
Este debate é o primeiro dunha serie que emitirá Telelugo durante a campaña electoral.

No hay comentarios:
Publicar un comentario