NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
domingo, 29 de mayo de 2011
Adxudicadas obras na Montaña por valor de 480.000 euros
A Deputación de Lugo adxudicou na súa xunta de goberno dos venres obras valoradas nuns 480.000 euros nos concellos de Becerreá e A Fonsagrada.
Segundo informou o portavoz provincial nacionalista, Antonio Veiga, a institución destinará uns 235.000 euros á construción dun campo de céspede artificial en Becerreá, uns traballos adxudicados á firma Calfensa Proxectos.
As dúas obras restantes acometeranse na Fonsagrada, segundo indicou o portavoz socialista, Antonio Gato, quen informou de que a adxudicación da reforma do pavillón, por un importe duns 150.000 euros, e da mellora dos accesos de Porteliña-Cereixido e o ramal a Taboeiro, por 95.000. En ambos os casos, fará os traballos a empresa Comfica Solucións Integrais.
Outro dos acordos destacados por Gato foi a aprobación do expediente de contratación para levar a cabo a exposición Paisaxes de Auga na aula de interpretación da natureza creada pola Deputación en Guitiriz. Esta actuación enmárcase nun convenio entre o Goberno central e o organismo provincial, dotado con 1,1 millóns de euros, para desenvolver os recursos das reservas da biosfera.
Ademais, aprobouse outro convenio coa comunidade de propietarios do campo da feira de Parga (Guitiriz), polo que a Deputación destina 30.000 euros a reformar os alpendres.
Outros acordos
Antonio Veiga tamén deu conta, entre outros asuntos, dun acordo co Concello da Pobra do Brollón para financiar con 30.000 euros o programa Conciénciate, que fomenta a interacción entre asociacións e cidadanía.
A xunta de goberno aprobou, ademais, conceder unha subvención de case 29.000 euros ao Concello de Sarria para sufragar gastos de normalización da toponimia nas parrroquias,
Ademais, o Concello de Monforte recibirá 35.000 euros para actividades culturais, 29.000 para un curso de iniciación á música na infancia e 45.000 para o desenvolvemento de actividades xuvenís, entre elas unha para achegar aos máis novos a figura do escritor Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario