Os populares destacan o «apoio decidido» do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos concellos das Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Recordan, neste sentido, que o actual goberno autonómico investiu xa 47,5 millóns de euros nos Ancares.
Da cantidade total destinada á comarca lucense nos dous últimos anos, «algo máis da metade» corresponden á Consellería de Medio Rural. Estas axudas permitiron, segundo o PP, crear e modernizar industrias de transformación de produtos de calidade, colaborar coas explotacións gandeiras ou incidir na prevención de incendios.
Aposta
Os populares consideran tamén un «exemplo significativo» da aposta do goberno autonómico pola comarca dos Ancares, os 13,5 millóns destinados a infraestruturas «de transporte e mobilidade», así como o «apoio» á adaptación dos plans urbanísticos municipais de Becerreá, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna, «demostrando o esforzo feito para a ordenación do territorio».
Desde o PP destacan así mesmo as tarefas de rehabilitación e mantemento de pallozas de Piornedo, en Cervantes, o impulso á segunda fase do parque empresarial de Becerreá e a transición á TDT.
Na súa opinión, estes datos son «especialmente positivos» tendo en conta que o goberno de Feijóo «contou con 1.200 millóns de euros menos que o anterior bipartito».

No hay comentarios:
Publicar un comentario