
Pobos: 11
Poboación: 35 Veciños (2.007)
Extensión: 11,2 Km2
Densidade: 3,12 H/Km2
Coordenadas:
Latitude: 43º10'
Lonxitude: 6º59'
Límites:
Norte: Lamas de Campos
Sur: Fonfría e Monteseiro
Este: Asturias
Oeste: Bastida
En 1.991 contaba con 65 habitantes. No 2007 contaba con 35, 16 homes e 19 mulleres.
POBOS

Allonca
Allonquiña
A Braña
A Ferraría
Frontal
A Muíña
Pántaras
Quintela
O Relaio
A Trousa
Vilarello
Travesa
¿QUE VER?
Allonca
Dolmen da Casía da Arquela.- Dolmen de cámara poligonal. A pedra de cobertura ten uns 3,20 m de largo. A Pranta cámara mide 1,70 X 1,80 m. e de altura 1,40 m. Para ir, hay que chegar á altura da curva do Acebo (A Porretía), máis dún 1 km monte abaixo en dirección Norte. Manuel Vázquez Seijas: "Uno de los más característicos y mejor conservados existentes en la provincia de Lugo. Cita a lenda de "que unha mora xoven e bela subiu ó monte na cabeza a pedra grande que serve de cuberta".O parecer unha excavadora acabou accidentalmente con ela.
Igrexa Parroquial.- Do Seculo XVIII. Planta de cruz griega de 15x15m. rematado nún ábside de forma semicircular. No frente dispón de un porche e a amboslosdous lados da nave central un almacén e unha sacristía. As paredes son de pedra de xisto con restos de encalado. A cuberta e de Lousa. Interiormente esta enngalada con un retablo principal de madeira e tres santos. E outros dous nas capillas laterais, con algunha pinturas murais.
Castro de Penas do Castro
Casa Grande.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 14 x 16m., Consta de semisoto, planta baixa, piso e baixo cuberta. Cuberta a catro augas. As paredes son de pedra de Xisto, posteriormente encaladas, na planta baixa e no piso. As carpinterías son de madeira, dispón de alguns dinteis en arco.
Hórreo da Casa Grande.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 7x 5m. Muretes de pedra na base e seis pes de madeira. Estructura e cerramento de madeira sen corredor. Cuberta a catro augas.
Casa de Campon.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 14 x 14m., sin ningún tipo de beiril, agas os da cuberta. Acceso por tres niveis diferentes. Constituie una edificación moi tipolóxica. As paredes son de pedra de Xisto, os dinteis de madeira, e a cuberta a tres augas de lLousa. Carpinterías de madeira. É moi volumétrica con apenas un xesto saledizo na parte outo das parades para facer o beiril da cubertacon tres niveis; un entrada e lareira, outro mais abaixo para as cortes e o mais outo para os dormitorios. Paredes de carga de Xisto con xunta seca. Cuberta a tres augas de lousa. Estructura dos forzados de madeira.
A Allonquiña
Palleira
Horreos
Casa de Relaio.- É unha agrupación lineal de edificacións de uns 70 x 15m. que comprende a casa, o hórreo, taller, torre, pendellos, estanque, aira, pozo, etc. Esta parcialmente cercado e dispón de portalón.
Fonte
Ruta dos Pintores
A Mina de Allonquiña (Romana)
Casa de Bueno.-
Hórreo da Casa de Doña Vicenta.- E unha construcción de planta rectangular de 5x 5 m. sin corredor. Con estructura e cerramento de madeira. A cuberta e de lousa a catro augas. Apoios sobre columnas de xisto para aumentar altura e servir de almacén cuberto de herba seca.
Casa de Doña Vicenta.- Ten uns 400 anos. É unha agrupación formada por varias edificacións o mais importante e a casa. Esta parece o resultado de sucesivas ampliacións, unha serie de espacios exteruiores complementan os interiores. Pedra de xisto nas paredes de diferentes calidades, lousas na cuberta e carpinterías de madeira e alumínio no resto.
Casa do Soldado.- É unha agrupación formada po las seguintes edificacións: casa, hórreo, varios pendellos, cercados por muro de pedra con portalón de entrada; unha torre moi próximo ao anterior, varios accesos dende o exterior. Muros de xisto, cuberta de lousa a 4 augas e estructura de madeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario