O BNG da Fonsagrada esixe ás consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural solucións fronte aos problemas que sofren as explotacións gandeiras da zona polos «continuados» ataques de lobos.
Consideran «moi grave» a «inoperancia» da Xunta, nun momento no que os ataques ao gando «multiplícanse» causando «alarma» entre os titulares das granxas «que ven en perigo o seu medio de vida».
Os nacionalistas anunciaron que se dirixirán ás dúas consellerías para esixir a toma «urxente» de medidas destinadas a controlar a poboación de lobos. «O que pedimos é que se minimicen os efectos destes ataques sobre as xa maltreitas economías das explotacións gandeiras da comarca», aseguran.
Neste sentido, recordan que A Fonsagrada é o primeiro concello galego en produción de carne de calidade, coa certificación Tenreira Galega.

No hay comentarios:
Publicar un comentario