miércoles, 29 de junio de 2011

O incendio de Ribeira de Piquín xa está controlado tras arrasar con 140 hectáreas




A Consellería de Medio Rural dá por controlado o lume orixinado por unha tormenta seca no municipio lucense de Ribeira de Piquín, na parroquia de San Xoán de Vaos, que aínda non foi completamente extinguido, logo de arrasar unhas 140 hectáreas de monte.
Segundo informou a Consellería, participaron nos labores de extinción 9 helicópteros e 4 hidroavións, así como 6 técnicos, 17 axentes forestais, 28 brigadas, 15 motobombas e dúas escavadoras.Na zona do incendio tamén traballaron nas últimas horas efectivos da Unidade Militar de Urxencias (O.M.E), e das 140 hectáreas queimadas, 100 son de monte arboledo e 40 de raso.O incendio comezou sobre as dúas e media da madrugada do luns, polo que leva case corenta horas activo, pero os medios de extinción non foron capaces de controlalo ata esta tarde, como consecuencia da difícil orografía do terreo, con fortes pendentes que impedían o acceso dos medios terrestres.De feito, os equipos de extinción estiveron a piques de dalo por controlado en dúas ocasións, pero en ambas as chamas rebrotaron e fixeron que o lume continuase activo.O alcalde da localidade, o popular Sabino Díaz, xa anunciaba que o incendio quedaría controlado "deica pouco", porque a fronte baixou cara " zona do río Rodil", un afluente do Eo, que actuou como devasa natural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario