O Concello da Fonsagrada comezou a campaña de limpeza das rutas de sendeirismo habilitadas no municipio. O obxectivo é facilitar o tránsito de camiñantes durante os meses de verán.
O alcalde en funcións, o socialista Argelio Fernández Queipo, explicou que os operarios municipais actuarán en todos os carreiros do concello para retirar a maleza que foi crecendo durante o inverno.
As tarefas de limpeza estenderanse tamén ao Camiño Primitivo, que xa nas últimas semanas está a recibir moitos peregrinos.
Tormentas
O Concello da Fonsagrada está a reparar estes días os danos ocasionados polas últimas tormentas nos accesos a algúns núcleos, afectados por desprendementos.
A maior parte dos danos concéntrase en San Andrés de Logares, Veiga de Logares, Trobo e Vilabol.

No hay comentarios:
Publicar un comentario