martes, 28 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XVII):PARADAVELLA


Pobos: 4
Poboación: 61 Veciños (2007)
Extensión: 8,12 Km2
Densidade: 7,51 hab/Km2
Límites:
Norte: Bruicedo
Sur: Freixo e Baleira
Este: Vieiro
Oeste: Baleira
No ano 1.991, contaba con 108 veciños cúnha densidade media de 13,3 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 78. No 2007 contaba con 61 veciños, 32 homes e 29 mulleres


POBOS



Paradavella
A Calzada
Chain
O Retiro

Etimolóxicamente, o topónimo "Parada vella" ou pousada antiga fai referencia a sua ubicación nunha das duas rutas xacobeas procedentes da antiga capital asturiana.


¿QUE VER?


Paradavella

Igrexa Parroquial de S. Xoan
Dolmen do Pando ??
Palloza da Casa do Celeiro e Dos Riberas.- Palloza de planta elíptica ou circular e os adosados posteriores de alpendres e forno en forma de medio bolo de pan. A estructura esta formada por muros de fábrica de pedra de xisto nos que apoian a estructura de madeira da cuberta. A cuberta e mixta, de palla na parte mais antiga e lousa nos adosados. Ten un Pequeño porche na entrada orientada a o nacente. Levantada sobre unha pena natural. Actualmente a cuberta vexetal encontrase envolta por un plastico. Tratase duna construcción realizada en cachotería de pizarra, e o seu tejado ten forma cónica e é de palla. Esta construcción é típica das áreas de montañas das provincias interiores de Galicia, Lugo y Ourense.
Celeiro da Casa do Tío Pedro.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 6.00m de diámetro. duna sola planta, muros de fábrica de pedra e cuberta de palla. Nos ocos e dinteis e zambas son de madeira. Presenta un anaco de muro enfoscado con moretiro de cemento. Tamén zonas de fabrica de pedra reaxuntadas con morteiro de cemento arredor da porta.
Celeiro
Horreo da Casa de Chaín.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m. sen corredor, con estructura e cerramento de taboas de madeira colocadas en vertical, cuberta de lousas comerciais a catro augas. Os pes son de madeira sobre muretes de pedra de pedra, un deles sobre un “ dado” de formigón . A escaleira e de fábrica de pedra. Presenta uns madeiros que aseguran o aleiro e que seguramente se aproveitan para colocar certos frutos, palla etc...
Camiño de Santiago


Chaín


Palleira da Casa Álvarez.- Construcción de planta rectangular de 4x 8 m, con pilastras de pedra e cerramento de madeira, traves e piso da mesma material, cuberta de lousa a duas augas. Ten duas alturas aproveitando o desnivel do terreo.
Celeiro da Casa da Veiga.- Celeiro de pedra con planta circular, con teito de palla a “o veo” con dous niveis un para alamacenamento e outro para o gando. Cimentación ao descuberto por mor do rebaixamento do camiño
Hórreo da Casa do Río.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m., con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa . Na parte baixa do cerramento existe unha chapa de zinc.
Hórreo da Casa do Fidalgo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa e un dos tornaratos e de granito, posible muiño de orixen castreño . O corredor e aberto.
Hórreo da Casa de Mingón ou Fernández.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira,con corredor, cuberta de lousas a catro augas en perfecto estado . Os pes son de madeira con tornaratos de lousa base de pedra. A ventilación producese por una xanela de madira con respiros. Atopase dentro do lugar da casa que ten corrada e abeiradoiro.
Hórreo da Casa de Méndez.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m., con estructura e cerramento de madeira un dos laterais esta cuberto con chapa de zinc e outro pintado de bermello, a cuberta e de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con base de pedra.
Antiga escola


O Retiro
Celeiro da Casa de Castañoso.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 8.00m de diámetro. duna sola planta, muros de fábrica de pedra da zona, a cuberta era de palla e esta arruinada, e so conserva a estructura de canteados soportados no centro por dous mayores que forman o cúmio sobre os que descansan os demais. Tamén conserva o piso ainada que en moi mal estado. Foi construido aproveitando a pendente para darlle acceso a os dous niveis.
Casa do Conde (Con escudos)
Hórreo da Casa do Conde.- Construcción de planta cuadrada de 6x 6 m. con corredor aberto , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeiran sobre muro de pedra. A escaleira tamén e de pedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario