miércoles, 22 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XV): NEIRO


  • Pobos: 13
  • Poboación: 111 Veciños (2007)
  • Extensión: 15 Km2
  • Densidade: 7,4 hab/Km2
  • Límites:
    • Norte: Trobo e Maderne
    • Sur: Proba de Burón e Bastida
    • Este: Bastida e Lamas de Campos
    • Oeste: Maderne e Pacios

No ano 1.991, contaba con 192 veciños, cúnha densidade media de 12´8 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 119 veciños. No censo do 2007 contábase con 111 veciños, dos cales 55 son homes y 56 mulleres.

POBOS


  • San Pedro de Neiro
  • Candaído
  • Lagúas
  • Llancela
  • Mazaeda
  • O Mazo
  • Peizais
  • O Piñeiro
  • Pradairo
  • Riotorto
  • San Pedro de Arriba
  • Vilarello
  • Xestoso de Baxo
San Pedro de Neiro

Poboación: 7 veciños ? Distancia a Fonsagrada: 5 Km. Altitude: 640 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e chegaremos a S. Pedro de Neiro.

  • Iglesia Parroquial .- Iglexa restaurada recentemente. Ten pranta de cruz latina con tellado a duas augas, feita en mampostería pizarrosa con tellado de caixasas de pizarra. Destacan o seu espectacular pórtico de entrada con tres arcos de acceso, o central de maior tamaño e o seu campanario dividido en dous corpos, o primeiro remata nun telladilño a duas aguas que cubre as campás e o segundo cun vano arqueado no centro e rematado cun frontón triangular. Está aberta os domingos pola mañá.
  • Casa rectoral?
  • Hórreos
  • 2 Muíños
  • Doce Medorras
  • O Santuario do San Benito. (José Manuel Blanco Prado. Artigo publicado en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, 1998, Depósito Legal: L-92-91..., páx. 72-77])
  • A súa festividade celébrase a finais de maio ou principios de xuño.
    Os devotos pídenlle ó santo que lles conceda a curación das doenzas da pel, como poden ser eccemas...; tamén se encomendan por doenzas de tipo reumático. Entre as promesas máis específicas sinalo as seguintes:

    1. No día da festividade, oficíase unha misa solemne a unha da tarde.

    2. Logo sae a procesión que percorre o perímetro do santuario. Nela participan as imaxes da Virxe de Fátima, do Carme e do S. Benito, que son levadas en andas por fregueses da parroquia e devotos ofrecidos, de ámbolos dous sexos.

    3. Un fregués da parroquia impón o santo por riba da cabeza dos devotos, mentres recita a seguinte xaculatoria: " Cristo viva, Cristo reine, Cristo te libre de todo mal. Amén".

    4. No transcurso do ano, o crego da freguesía, onde está situado o santuario, ten que celebrar algunhas misas nese recinto sagrado.

    5. A esmola en metálico, que é a ofrenda máis empregada.

    6. Algunhas candeas, e tamén exvotos de cera, representando o corpo humano e algunhas das súas partes:pés, mans, brazos, pernas.

Candaido

Poboación: 14 veciños. Distancia a Fonsagrada: 4,5 Km. Altitude: 800 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 ata atopar o cruce de Candaído que colleremos a esquerda pola 018-016 ata chegar ó pobo.

Hay que ver:

  • Capela

  • 4 Hórreos

Lagúas

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5 Km. Altitude: 690 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e o cruce de Maderne, para chegar a Riotorto donde colleremos a esquerda para chegar a Lagúas.

Hay que ver:

  • Castro de Mazo de Lagúas

  • Hórreo

LLancela

Poboación: 0 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,5 Km. Altitude: 760 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e en Pradairo hay que coller a esquerda pola 018-032 para chegar a Llancela.


Mazaeda


Poboación: 28 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,6 Km. Altitude: 620 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e o cruce de Maderne, para chegar a Riotorto donde colleremos a dereita pola 018-034 para chegar a Mazaeda.

Hay que ver:

  • Capela da Casa de Penamaría.- Consta dun corpo principal cuadrado de 4.5 x 9.00 m. en forma de torre, cubero a catro augas ó que se lle engade o “nartex” ou corpo de entrada. Identificase esta entrada por estar flanqueada por dous escudos tallados en pedra.

  • Capela de San Roque

  • Casa de Penamaría.- Labranza. Consta de vivenda e mailas suas construccions adxetivas que se desenrolan entre un cerrado ou muro que as separa do camiño e un valo que aterraza o terreo, quedando o conxunto nunha posición de dominio visual sobre os terreos que descenden cara o val inmediato ó pobo de Mazaeda.

  • Casa de Pasarín.- Casa Fidalga. Foi cambiada de sitio a raiz dun incendio. A casa rematase nun extremo cunha torre que presenta un escudo a media altura na fachada testeiro. Destaca a bóa execución de dita obra no aplomo e aparello dos muros de xisto.

  • 7 Hórreos

  • Castro Llan de Castro (Podría ser o máis grande)

  • Castro da Mazaeda. No Castro está "A Fonte Blanca", donde dicen que se atopan soterrados importantes tesouros.

  • Medorras do Monte Bidueiral

  • Medorras da Cruz do Pito

O Mazo

Poboación: 3 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,1 Km. Altitude: 560 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e en S. Pedro de Neiro colleremos a dereita dirección Candaído para chegar a O Mazo.

Hay que ver:

  • Os Muiños do Rosario
Peizais

Poboación: 18 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,7 Km. Altitude: 815 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e en Pradairo hay que coller a esquerda dirección Maderne pola 018-032, e pasado Llancela chegaremos a Peizais.

Hay que ver:

  • Capela de San Blás

  • 4 Hórreos

Piñeiro (O)

Poboación: 2 veciños. Distancia a Fonsagrada: 6 Km. Altitude: 650 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro, Pradairo e Riotorto, e chegaremos a O Piñeiro.

Hay que ver:

  • Casa de Labranza

  • Hórreo

Riotorto

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,3 Km. Altitude: 670 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro, Pradairo e chegaremos a Riotorto.

Hay que ver:

  • 2 Horreos

S.Pedro de Arriba

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,1 Km. Altitude: 640 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e chegaremos a S. Pedro de Neiro. Alí colleremos a estrada da esquerda (018-031) dirección A Proba de Burón, e o primeiro pobo será San Pedro de Arriba.

Hay que ver:

  • Muíño ?

Vilarello

Poboación: 6 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,5 Km. Altitude: 560 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 pasando o cruce de Candaído, ocruce de Lidín e o cruce de Xestoso de Baxo, continuando pola 018-081 ata o cruce de Vilarello, que colleremos a esquerda pola 018-082.

Hay que ver:

  • Capela

  • Hórreo

Xestoso de Baixo

Poboación: 18 veciños. Distancia a Fonsagrada: 4,6 Km. Altitude: 790 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 pasando o cruce de Candaído, o cruce de Lidín e o cruce de Xestoso de Baxo que ainda que se colle a esquerda, sigue sendo a mesma estrada.

Hay que ver:

  • Capela de Xestoso de Baxo

  • Antigua escola

  • 4 Hórreos

No hay comentarios:

Publicar un comentario