martes, 21 de junio de 2011

Profesores da Tradescola darán un concerto didáctico na Fonsagrada



O Ceip Santa María da Fonsagrada acollerá hoxe, a partir das once da mañá, un concerto didáctico ofrecido polos profesores da Tradescola Pedro David Lamas, Ánxela Conde e Xabier Iglesias.
Estes músicos explicarán aos alumnos de infantil e primaria a evolución da música galega nos últimos dous séculos, os tipos de instrumentos, as características das formacións e os ritmos máis frecuentes das composicións tradicionais e populares.
Os nenos poderán ver de cerca instrumentos como a gaita, o acordeón, a requinta, o tamboril, a pandereita ou outros útiles de percusión.
Esta actividade tivo gran acollida noutros colexios da provincia onde xa se realizou, como os de Monforte, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, Lugo, Chantada ou Sarria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario