martes, 14 de junio de 2011

LENDA DA CASA DABADE DE ARROXO

A esta casa Dabade(Casa do abade) de Arroxo, A Fonsagrada (Lugo) venlle o nome de cando viviu nela un cura que fora castigado a desterro polas señoras do Pazo de San Martín de Arroxo.As señoras tíñano avisado de que non empezase a misar antes de chegaren elas á igrexa. Pero un día, parece que o retraso das mulleres era moito e o cura empezou a misa sen elas. O atrevemento valeulle irse vivir a " onde non oíse can ladrar, gato maullar ou galo cantar". Ou sexa, á casa Dabade.
PUBLICADO EN GALICIA ENCANTADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario