jueves, 19 de enero de 2012

Como en casa, en ningún sitio



18/01/2012 - El Progreso (Lugo)

coñecer o propio debese ser unha máxima para todo aquel que se prece de amar á súa terra. Curiosamente, hai lucenses que, por vivir durante toda a súa vida nunha contorna rural, apenas saíron dos seus pobos e non coñecen sequera moitos dos magníficos recunchos que lle ofrece a súa provincia. O programa de viaxes do Km0, que organiza cada ano a Deputación Provincial de Lugo, bríndalles, por centos de lucenses, a posibilidade de penetrarse na súa terra, aínda que, os destinos máis demandados polos participantes son a Ribeira Sacra e A Mariña. Onte mesmo, as rúas de Ribadeo enchéronse con máis de medio centenar de fonsagradinos que gozaron dunha exquisita comida no restaurante La Solana, ademais dunha viaxe en barco pola ría e dun paseo polas súas rúas e prazas máis emblemáticas, como a do Cantón, onde se atopa a Torre de los Moreno.

Rabexadas de Nadal

As festas do Nadal non nos deixaron do todo, e non só porque nalgunhas casas as bandexas con esquecidos anacos de turrón recórdennos días de enchentes e poucas présas, senón porque aínda se están entregando os premios aos nenos participantes en diversos concursos. Unha das últimas entregas tivo lugar en Fazouro, a cuxa antiga escola acudiron a recoller os seus premios os 24 nenos que participaron no concurso de postais, convocados polos integrantes da páxina web www.fazouro.com e a librería Bahía de Foz, que lles entregou un obsequio. Pero a festa foi para todos e máis de cen persoas, entre pequenos e grandes, participaron dunha exquisita merenda, a base de chocolate con churros, amenizada pola música do DJ Supermaik

Entrega de premios

A biblioteca pública ribadense El Viejo Pancho entrega mañá xoves, ás catro, os seus premios literarios do Nadal aos seguintes participantes: Pablo Quirós, de sete anos; Saray López Coto, de oito; e Lucía Pérez, de sete. Tamén serán galardoados Saleta Martínez, Jan Dvinkerken, Alejandro López, ademais de Carmen Rodríguez, Iria Piñeiro e Ángela Torviso, estas últimas, as de maior idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario