18/01/2012 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)
Compartir vida non é doado, pero cando tamén se comparten afeccións a cousa mellora e o tempo libre, escaso co actual ritmo de vida, gaña un valor engadido. Disto saben José Luis Latas Vilanova, ‘Lis’, e Elvira García Otero, parella a tempo completo que comparte a súa afección polo baile tradicional no grupo Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada.
Lis leva bailando dende os tres anos. É construtor de gaitas e está metido de cheo no mundo do folclore galego. Elvira nunca se interesara por estes temas ata que coñeceu ó seu home. Lembra que «primeiro só o acompañaba e miraba, pero cando me cansei de ir tódalas fins de semana a actuacións para cargar cos bolsos e os abrigos decidín integrame no grupo e participar».
Os xoves toca ensaio e carreiras para chegar. Elvira traballa en Santiago e Lis en Lugo, pero non lles importa pasar dúas horas de viaxe en coche para ir e volver da Fonsagrada e botarlle unhas pezas cos seus amigos. «Son a nosa xente, o noso ambiente xa está máis na Fonsagrada que en Lugo», comenta Lis. «A viaxe olvídase porque o que anima é a boa xente coa que compartes algo que che gusta», explica Elvira.
Lis lembra que pasou por grupos de toda a provincia de Lugo, pero o único que non deixou nos últimos 20 anos foi Antaruxas e Sorteiros, no que ademais de bailador é profesor. «Por algo será, algo terá esa xente», di. Ambos coinciden en que «os fonsagradinos son moi especiais, é difícil entrar porque iso implica que confíen en ti, mírante de arriba a abaixo unha longa tempada, pero en canto te aceptan é para toda a vida».
Lis e Elvira separan ben a súa relación de parella coa de profesor e alumna. «Non hai trato preferente cara a ela, é unha máis e eu son un profesor moi duro», di Lis.
Unha vez que colleu gusto polo baile, xa é Elvira quen tira do seu home. «Eu ás veces preferiría desconectar un pouco porque estou todo o día entre gaitas, pero ela cada vez lle colle máis gusto».
A súa filla, criada entre gaitas e cos dous pais bailadores, logo ha botar os primeiros puntos. «Vai bailar, seguro, non lle queda outra», comentan os dous.

No hay comentarios:
Publicar un comentario