Os que coñezades Fonsagrada,
sabredes que se trata dun fermoso e pequeno pobo situado na montaña
luguesa, con pouco máis de 4.300 habitantes. Moitos deles viven da
agricultura e sobre todo, a gandeiría, motor tradicional da economía na
zona. De feito, das 50.000 cabezas de terneira «rubia galega» que
existen en España, o 75% están en explotacións lucenses, e moitas delas
están situadas na comarca fonsagradina. O mesmo ocorre con gran parte
das 3.460 explotacións de «Porco Celta» da provincia.
Sen embargo, a recente reforma do Plan Director da Rede Natura 2000 aprobada pola Xunta de Galicia pon en perigo
o desenvolvemento económico de Fonsagrada e ameaza con aumentar o
despoboamento que se produce dende fai anos na zona. O motivo é que coa
entrada en vigor deste proxecto prevista para xuño, a superficie
incluída en dita Rede Natura do municipio pasará das 3.528 hectáreas
actuais –o 8% do territorio total deste Concello- a 17.397 hectáreas –o 39,7%-. Como a nova normativa implica que en tódolos Concellos que obteñan unha superficie na «Rede Natura» inferior ó 40% queden prohibidas
as construcións e instalacións agrícolas; infraestruturas destinadas ó
apoio da gandeiría extensiva e intensiva; granxas; establecementos que
aloxen, mantengan ou críen animais, etc. a consecuencia directa é que se resentirá notablemente a economía na zona, disminuíndo as perspectivas de futuro e aumentando o posible despoboamento.
Para tratar de evitalo, o presidente da Diputación de Lugo, José
Ramón Gómez Besteiro, desplazouse hoxe ata Fonsagrada e asegurou que o
goberno provincial levará ó próximo pleno unha proposta na que insta á
Xunta a correxir a Rede Natura 2000 na Montaña co fin de evitar o
bloqueo, o retroceso económico e a consecuente pérdida de poboación. «Temos
que apoiar o medio ambiente, pero tamén ós veciños que viven nel, hai
que impulsar as figuras de protección, pero sendo hábiles para que, por
exemplo, unha explotación gandeira poida seguir coa súa actividade”,
dixo o Presidente, quen tamén aproveitou a visita para supervisar las
obras da nova Casa Consistorial e das reformas no novo pabillón
deportivo que este mesmo mércores acollerá un partido entre o Azkar Lugo
e unha selección de xogadores de Fonsagrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario