domingo, 22 de enero de 2012

Luisa Prada desvela en 'A sombra do ámbar' o seu gusto pola Fonsagrada



21/01/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (A Fonsagrada)
A escritora asturiana María Luisa Prada Sarasúa presentou onte na Fonsagrada a súa sétima novela, ‘A sombra do ámbar', na que deixa patente a súa querenza por esta localidade.
Prada elixiu A Fonsagrada como escenario principal da súa obra tras coñecer o municipio e tomar contacto coas súas xentes. Confesa que se interesou pola localidade por motivos gastronómicos, pero na actualidade ten tamén vinculación familiar.


A novela vira ao redor dunha investigación dunha xornalista fonsagradina e está infestada de referencias á localidade, o Camiño de Santiago e a súa meta, a capital galega.
No acto de presentación, María Luisa Prada estivo arroupada por un gran número de amigos e non menos fonsagradinos interesados pola súa obra. A novela tivo gran éxito de vendas na localidade.
BIOGRAFIA DE MARIA LUISA PRADAwww.marialuisaprada.com/curriculum.htm
PUBLICACIONS www.marialuisaprada.com/publicaciones.htm 
CRITICA www.marialuisaprada.com/critica.htm
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario