O presidente da Deputación de Lugo, José
Ramón Gómez Besteiro, confirmou este luns que o Goberno provincial
levará ao próximo pleno provincial unha iniciativa para instar á Xunta
"a corrixir" a Rede Natura 2000 na Montaña lucense, para evitar "o
bloqueo e o retroceso económico" desta comarca.
Durante unha visita A Fonsagrada, acompañado polo alcalde, o socialista Argelio Fernández Queipo, Gómez Besteiro recordou que este municipio "lucense padecerá as peores consecuencias do Plan Director da Rede Natura 2000, aprobado polo Goberno galego, dado que a totalidade do seu territorio pasará a estar tipificado como de protección ou conservación".
Segundo Gómez Besteiro, "non haberá ningunha zona de uso xeral, o que suporá a obrigación de cumprir unhas medidas moi restritivas, que coartarán gravemente o seu desenvolvemento endóxeno".
Pola súa banda, o alcalde fonsagradino indicou que a modificación realizada pola Xunta de Galicia implica que a superficie incluída na Rede Natura pasa de 3.538 hectáreas -o 8% do territorio municipal- a 17.397 hectáreas -o 39,7%-, de forma que queda prohibida a construción de instalacións agrícolas ou gandeiras no municipio.
Segundo o alcalde, "a xente terá grandes dificultades para continuar coa actividade agrogandeira e incluso os fillos dos actuais propietarios que queiran asentarse na zona terán unha capacidade nula de desenvolvemento".
O presidente da Deputación explicou que "das 50.000 cabezas da raza loura galega que hai en España, o 75% está en explotacións de Lugo, moitas delas na comarca da Fonsagrada, e o mesmo sucede coas 3.460 granxas de porcino rexistradas na provincia, dado que unha boa parte elas concéntrase nese municipio".
Ao seu xuízo, "hai que apoiar ao medio ambiente, pero tamén aos veciños que viven nel", porque ao diminuír "as perspectivas de futuro, o forte despoboamento que xa sofre a Montaña de Lugo na actualidade aumentará notablemente".

No hay comentarios:
Publicar un comentario