jueves, 12 de enero de 2012

«Falamos do imaxinario apocalíptico do ano 2012»



T.L. Santiago / La Voz
29/9/2011

Xoán Curiel (voz e guitarra), Xabier Olite (baixo) e Álvaro Trillo (batería) eran a xénese do proxecto Magnético zen, ao que se sumaron Sergio Tannus, (guitarras, viola caipira, cavaquiño) e Carlos

Freire (percusión) para cociñar este traballo onde «falan do imaxinario apocalíptico do ano 2012». Orixinario da Fonsagrada, Curiel ten unha extensa traxectoria as súas cóstas ademais dun traballo en solitario, Nai. Neste novo reto a liña mestra xira en torno á temática, que «ten que ver co momento caótico que vivimos», mentres que as melodías van dende o reggae até o rock, «bastante free». En contraposición á paranoia da fin do mundo, «a parte de demencia», son optimistas e propoñen «a calma, o zen». Curiel busca transmitir «unha mensaxe de denuncia». «Desexo que este capitalismo non exista», asegura. O disco presentaráse este sábado no Teatro Principal cun concerto no que participarán até 16 músicos e un poeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario