Galicia rexistrou a segunda taxa máis baixa de natalidade en España durante o primeiro semestre de 2011, segundo datos divulgados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE) que mostran tamén unha nupcialidade inferior á media española e unha mortalidade superior.
As estatísticas sobre o movemento natural da poboación indican que Galicia rexistrou unha taxa de natalidade de 8,02%, superior ao 7,43% en Asturias e lixeiramente inferior a 8,13% en Castela e León e a 8,74% en Canarias, fronte a 10,46% de termo medio no conxunto de España.
Tamén en nupcialidade, Galicia, con 3,46 por cento, superou a Castela e León, Murcia, Aragón, A Rioxa e a Comunidade Valenciana, pero con índices por baixo da media de España, que se situou en 3,57 por cento.
Ao contrario, Galicia, con 11,02 por cento, tivo unha maior taxa de mortalidade que o conxunto de España, que foi de 8,40 por cento, e só foi superada por Asturias con 12,03 por cento.
A poboación galega, cunha esperanza de vida de 81,77 anos, rexistra datos moi similares ao conxunto de España, de 81,95 anos, aínda que as mulleres desta Comunidade superan lixeiramente a media mentres que os homes están sensiblemente por baixo.
No conxunto de España no primeiro semestre de 2011 naceron 230.537 nenos en España, un 1,1 por cento menos que no mesmo período do ano anterior, co que continúa o descenso da natalidade iniciado en 2009.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
jueves, 19 de enero de 2012
Galicia é a segunda comunidade coa cifra de natalidade máis baixa
18/01/2012 - Galiciaé LV/ Axencias
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario