Nas fins de semana e nas vacacións xúntanse máis, pero no lugar de Vilarín de Arriba, parroquia de San Martín de Suarna, quedan a diario oito veciños, como explica Ángel «da casa de Ron». Él naceu no 1920, cando A Fonsagrada era aínda un dos municipios con máis habitantes de Galicia. «Na miña crianza eramos dez na casa. Viviamos xuntos os cinco irmáns, os pais, os avós e un tío. Daquela, en moitas casas había a dez e a doce persoas. A vida era escrava porque había que cavar trigo nos montes para comer, pero había moita broma, máis ca agora», relata o home, que pasou «sete anos na guerra», nas frontes de Madrid e Castellón. «Leváronme no 38, con 18 anos, e soltáronme con 25, no 45. ¡Cando volvín non me coñecían nin os da casa! Medrara moito e non andaba moi cheo», sorrí. Nese tempo centos de fonsagradinos facían as maletas e poñían rumbo á emigración. «Marcharon buscando a vida, fuxindo desta vida escrava porque aquí non había industria e non había pasta», destaca. Traballou de «serrador a brazo» El quedou para coidar dos pais e traballou «de serrador a brazo». Casou no 1953 e tivo dúas fillas. Unha vive en Lugo e a outra en Malta. Xa xubilados, Ángel e a muller levan unha vida tranquila. «Temos un can nada máis e paseo algo, pero algún día non encontra un con quen falar», lamenta, e conta que os xubilados da agraria cobran moi pouco. «Somos os que menos». ¿Gustaríalle que a neta volvese para A Fonsagrada? «Gústame máis que termine a carreira».
«Había pouco diñeiro e tiñamos o que colleitabamos, cebábanse porcos e criábanse cabras»
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario