lunes, 6 de febrero de 2012

OS CASTROS DA FONSAGRADA


  • Castro de As Murolas en Louteiro de Veiga de Logares
  • Castrillón  en Louteiro de Veiga de Logares
  • Castro de san Martiño de Robledo / Cerro do, de  Veiga de Logares
  • Castro de Romeán de Veiga de Logares
  • Pena Castelo en Vilardíaz de Veiga de Logares
  • Castro de Robledo de Veiga de Logares
  • Castro de Cerdeira de S. Andre Logares
  • Castro do Mazo de Legúas
  • Penas do Castro en Allonca
  • O Castrín  de Vilarello de Allonca
  • Castro de Brancio de Arroxo
  • Castro de Marful de Arroxo
  • Chao do Castro en Vilamaior de Arroxo
  • Castro de As Cancelas de Carballido
  • Os Castros de Sequeiro de Carballido
  • Castro vello de Sequeiro de Carballido
  • Castro de Cereixido
  • Castro de Souto de Cereixido
  • Castro de Aldomán de Cuíñas
  • Castro de Arqueira de Cuíñas
  • Castro de Cuíñas
  • Castro de Fonfría
  • A croa do Arco de Freixo
  • O Castrón de Carballoguidín de Freixo
  • Castro de Pereirúa de Freixo


  • A coroa do Castro de Ferreira de Abaixo de Freixo
  • Castro de Lamas de Campos
  • O Castelo de Tronceda de Lamas de Campos
  • Os Castros/ Monte da Croa en Castro de Lamas de Moreira
  • Castro do Medio no Formigueiro de Lamas de Moreira
  • A Croa de A Moreira de Lamas de Moreira


  • As Engrovas de López en Seoane de Lamas de Moreira
  • O Castelo/Castelón en Castañoso de Maderne

  • O Castro/ A Croa/ Estivo do Castro en Liñares de Maderne
  • Mina do Foxo en Liñares de Maderne
  • O Casteo/Castelo en Silvachá de Maderne
  • As Croas / O Castelo en Monteseiro
  • Castro de Teixeira de Pacios
  • Castro de Calzada de Paradavella
  • Pico do Castro/o Tesouro en Castañosín de Piñeira
  • A Croa en Goxe de Piñeira
  • Os cotos en Milladoriro de Pobra de Burón
  • Castro de San Andrés de Logares
  • Pena do Castro  Seoane, San Martiño en Llencias de S. Martín Suarna
  • O Castro/ O Castelo en Vilarín de Riba de S. Martín Suarna
  • Llan de Castro (Podría ser el más grande) en Mazaeda de S. Pedro de Neiro
  • Coroa de Riba en Queixoiro de S. Pedro de Neiro
  • Coroa de Baixo en Queixoiro de S. Pedro de Neiro
  • Os castros/ Castro de Mazo de Lagúas en Riotorto de S. Pedro de Neiro
  • A Croa de Aguiar de S. Pedro do Río
  • Castro de Antonia / Castro de San Pedro en  de S. Pedro de Río
  • Os Castrudeiros/ Castro de Castroceiro no Mazo de Vilaframil do Trobo
  • O Castro en Noceda do Trobo
  • O Castrín do Trobo
  • A croa/ A Coroa do Castro en Vilaframil do Trobo
  • O Castro de Vilamaior do Trobo
  • O Castro de Vilar de Vela do Trobo
  • Castro do Gallol do Trobo
  • Castro de Vilabol de Suarna
  • Castro de Xegunde de Vilabol de Suarna
Castro de Espiñeira do Vilar da Cuíña

 FACILITADA POR FONSAWEB
BREVE REFERENCIA A CULTURA CASTREXA GALEGA
A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade do Bronce (século IX ou VIII a.C.) até o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega até os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.
Desenvolveuse durante a Idade do Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría até o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara o interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da conquista e até os séculos III ou mesmo o IV d.C.
A sociedade castrexa
Recreación dun núcleo familiar, na cividade de Terroso Era unha sociedade xentilicia, é dicir, carente de Estado. Non existe unha autoridade superior que coordene as accións dos distintos grupos sociais coa finalidade de manter a unidade do grupo. A cohesión social lógrase a través do funcionamento dunha serie de institucións, que nunhas ocasións agrúpanse e noutras confróntanse entre si. Existe un certo equilibrio social entre os homes e as mulleres, pois estas posuían as terras, pero os homes poderían ter outro tipo de riquezas, como o gando. Este equilibrio desaparece no mundo político, xa que nel toda a autoridade está nas mans dos homes. A sociedade castrexa era matrilineal, pero patriarcal. Esta sociedade podería describirse como unha estrutura formada por unha serie de círculos concéntricos nos que se situarían unha serie de grupos sociais seguindo o número de membros:
• A unidade social inferior debeu ser o clan. Os seus membros, que terían un antepasado común, consideraríanse da mesma familia. Non vivirían no mesmo castro, senón dispersos en subclans, pero serían solidarios entre si.
• A seguinte en rango sería a centuria, unidade político-militar. Cada centuria tiña un xefe, ao que os romanos chamarían princeps, cuxo cargo era hereditario por vía masculina. É unha sociación só de homes. Os seus membros non están vinculados por lazos de sangue. Cada unha destas organizacións posuía cultos e deuses propios e quizais un territorio.
• Varias centurias agrúpanse formando un populus, unidade que posúe límites territoriais claramente definidos. Ademais, dispón dunha capital, denominada romu polos romanos. En primeiro, é posíbel que non fosen entidades de poboación importantes, senón simples lugares de encontro, nos que se intercambiaban produtos e establecíanse pactos familiares de tipo matrimonial e alianzas políticas. O populus non tivo unha autonomía política definida,
pero as centurias que o compoñían actuaban solidariamente nos casos de confrontacións armadas. En Galiza a situación social debeu ser a seguinte: por unha parte, habería unha aristocracia guerreira, con xefes pero sen reis. A súa orixe sería claramente céltica. Dentro dela, as mulleres posuirían as terras, das que se desinteresarían os homes, consagrados á actividade militar. Por baixo desta aristocracia teríamos unha poboación moi numerosa de orixe precéltica, que podería traballar as terras desta aristocracia (aínda que esta afirmación non pode manterse con seguridade).
A economía
A economía castrexa tiña unha base agrícola (cereais como o trigo, o millo miúdo ou paínzo, a cebada, leguminosas como as fabas e os chícharos, verzas, nabos, etc.) e gandeira-pastoril (vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral), pero tamén se practicaban a caza (cervo e xabarín), a pesca (pescada, maragota, xurelo), o marisqueo (vieiras, mexillóns, ameixas, berberechos, caramuxos, etc.) e a recollida de froitos (abelás, landras, arandos). É moi probábel que as terras explotadas fosen as próximas ao castro, que eran as máis doadas de traballar. Posibelmente, moitos dos antecastros fosen leiras ou hortas dedicadas ás leguminosas, como fabas ou chícharos. Tamén sabemos que recollían froitos, destacando as landras do carballo (xénero Quercus). Entre os animais domesticados destacan o gando vacún, utilizado tanto para tiro como para a obtención de leite, e os gandos ovino, porcino e caprino, principal fonte de obtención de produtos cárnicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario