lunes, 13 de febrero de 2012

A feira do butelo mantén as súas vendas a pesar da crise

  
13/02/2012 - Pablo Rodríguez / El Progreso (Lugo)
A feira do butelo da Fonsagrada mantivo intacto o seu tirón a pesar da crise ao botar onte o peche con preto de 10.000 quilos vendidos, segundo os organizadores, unha cantidade similar á comercializada nas anteriores edicións do evento gastronómico, celebradas baixo conxunturas económicas moito máis favorables.
A de onte foi unha xornada moi concorrida, con público chegado doutras provincias galegas e de comunidades limítrofes que non se amedrentou polas baixas temperaturas reinantes na zona, que provocaron xeadas á primeira hora da mañá.

Público nun dos postos (Foto Xesus Ponte)
Desde a apertura da carpa na que se instalaron os máis de 60 expositores, sobre as dez da mañá, a trasfega de visitantes no recinto feiral foi continuo, cun repunte cara á o mediodía.
Do mesmo xeito que na xornada do sábado, onte demandáronse especialmente os butelos e tamén outros derivados cárnicos, que tradicionalmente son os grandes reclamos desta feira, pero tamén se rexistraron boas vendas nos restantes expositores de alimentación -que comercializaron desde sobremesas artesás e queixos ata mel e licores- e nos postos habilitados por distintos artesáns.
No museo etnográfico comarcal, situado xusto á beira da carpa, tamén sentiu o poder de convocatoria da feira gastronómica, ao rexistrar numerosas visitas.
Ao termo da xornada, o alcalde da Fonsagrada, o socialista Argelio Fernández Queipo, fixo un balance moi positivo dos dous días de feira, ao entender que o evento sae reforzado por non resentirse a pesar da crise económica.
Un produto afianzado
«O que se demostrou estes días é que o butelo é un produto perfectamente afianzado», resaltou con orgullo o rexedor, quen agradeceu o traballo de todas as persoas que colaboraron na organización da cita e que contribuíron a que durante os dous días non se rexistrase ningunha incidencia de importancia.
Tras mostrar a súa satisfacción por que se mantivese o nivel de vendas, resaltou tamén os beneficios desta convocatoria para a hostalería, tras o que augurou un futuro «exitoso» para a feira do butelo, ante a boa resposta do público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario