As montañas galegas sofren unha gran perda de biodiversidade. Este é o principal mal que afecta ás nosas cordilleiras, que ven como a actividade industrial e humana destrúen unha parte importante da súa riqueza natural. Para loitar contra a desaparición de especies, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) organiza esta fin de semana unha nova edición da campaña Montañas en Rede, a través da cal cidadáns de toda Europa tentarán facer unha chamada de atención sobre o estado dos sistemas montañosos dende o alto dos cumios de cada territorio.
"Queremos poñer en valor os intereses paisaxísticos, etnográficos e naturais dos nosos cumios, así como denunciar as súas principais ameazas para intentar frealas". Así o explicou o vogal de Educación Ambiental de Adega, Ramsés Pérez, na presentación desta iniciativa, que se leva a cabo en todo o Estado en colaboración coa Asociación Rede Montañas. Entre as principais ameazas, Pérez apuntou á actividade industrial que se leva a cabo nestes lugares, principalmente canteiras e parques eólicos, como causas principais da perda de biodiversidade das montañas. Ademais da propia actividade prexudicial para o medio, dende Adega destacan a deforestación producida pola construción de pistas e o acceso de camións e automóbiles ó alto dos cumios como as consecuencias máis negativas que se derivan dunhas industrias cunha forte tradición nos sistemas montañosos galegos.
Por este motivo, Adega alerta que a instalación dos muíños de vento prevista en Pena Trevinca e o Macizo Central provocará a extinción dos únicos exemplares de aguia real que quedan na comunidade galega. De aí, a importancia de que esta área sexa declarada Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA), tal e como reclaman os colectivos ecoloxistas galegos. "Debemos evitar unha nova agresión neste espazo de alta riqueza ambiental para evitar a desaparición de especies como xa pasou coa pita do monte, practicamente extinguida, ou os osos, antes existentes nas nosas montañas", apuntou Ramsés Pérez.
Ademais da actividade industrial e humana, a educadora ambiental de Adega, María Xosé Castro, apuntou ó urbanismo como outro dos problemas xa presentes nas cordilleiras do Estado. "A presión urbanística está trasladándose da costa ás montañas, coa construción de estacións de esquí, que levan emparelladas grandes infraestruturas prexudiciais para os sistemas montañosos como as pistas e os hoteis, ademais do acceso de milleiros de vehículos", apuntou Castro quen asegurou que moitas destas estacións non terán saída coa chegada do cambio climático, que fará da neve un fenómeno excepcional no territorio estatal. Este sería o caso da estación de esquí que está proxectada para Pena Trevinca, que foi definida por Ramsés Pérez como unha grande ameaza para o ecosistema montañoso, ademais de ser totalmente inviable. "Galicia xa conta cunha estación de esquí que sofre cada vez máis problemas para seguir adiante, polo que con dúas, a actividade sería insostible", asegurou.
Todos estes males foron analizados no transcurso das Xornadas Técnicas ‘Reservas de biosfera e Ecosistemas de Montaña: Ensaiando fórmulas para o futuro das Montañas Españolas’, celebradas en Manzanares del Real (Madrid) e nas participaron varios membros de Adega. A asocación ecoloxista destacou a reserva da biosfera como ferramenta indispensable para preservar estes territorios, ademais de potenciar actividades como a gandería, a apicultura e a agricultura de montaña polo seu "carácter multifuncional e protector" da biodiversidade, os ecosistemas e a paisaxe. Do mesmo xeito, María Xosé Castro tamén avogou por crear unha política de estado específica para os territorios de montaña na que participen, de forma coordinada, as administracións afectadas, os seus habitantes e os colectivos implicados na conservación das montañas.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario