A industria galega do calzado aínda está a dar os seus primeiros pasos no tortuoso e complicado camiño cara á exportación dos seus produtos. Ao seu favor, o feito de que son empresas que realizan produtos diferenciados e de calidade, o que reduce o número de potenciais competidores. Na súa contra, a pequena dimensión das compañías e a cada vez maior presenza dos produtos realizados en Asia, cuns prezos imbatibles.O camiño é moi complicado e aínda non fixo máis que empezar, a pesar de que as estatísticas oficiais indican todo o contrario e sitúan a Galicia como unha comunidade netamente exportadora de calzado. Pero os datos teñen trampa.Segundo as estatísticas de Aduanas, Galicia é a segunda autonomía que máis zapatos vende ao estranxeiro. A comunidade galega exportou o pasado ano por un importe superior aos 221 millóns de euros, o que supón un incremento do 10,9 por cento en comparación co exercicio do 2007. A evolución é diametralmente oposta á da Comunidade Valenciana, líder no sector, cuxas exportacións de calzado caeron nun só ano de 1.071 millóns a 897, é dicir, un descenso do 16,2%.A que se debe a gran evolución deste sector na comunidade galega? "Os datos correspondentes a Galicia, Cataluña e Madrid explícanse polo domicilio social que os grupos distribuidores ou marcas comerciais teñen establecido nos devanditos territorios", explican desde a Federación Española de Industrias do Calzado (FICE). É dicir, que esas macrocifras están directamente relacionadas coa presenza na comunidade galega das matrices das grandes firmas de moda, como Inditex ou Adolfo Domínguez. Na práctica, as pequenas fábricas radicadas en Galicia enfróntanse a importantes trabas cando tratan de colocar no exterior os seus produtos. Gonzalo López, xerente de Calzados Losal, enmarca estas dificultades na pequena dimensión das fábricas de calzado que hai na comunidade galega. "Somos moi pequenas, e as redes de exportación que podemos ter tamén o son", sinala. "Nós imos dous pasos por detrás das grandes compañías", engade.Esta circunstancia non impide que Calzados Losal envíe unha pequena parte da súa produción ao estranxeiro, a países tan distintos como Xapón, Italia, Inglaterra ou a República Dominicana. Son zapatos que se caracterizan polo seu cosido ‘good year', moi pouco habitual en España que proporciona ao calzado e unha gran duración e resistencia.De Galicia a AustraliaOutra firma galega que tamén busca unha saída na exportación é a ourensá Codeor, especializada na fabricación de calzado cómodo e seguro para profesionais do sector servizos. A primeira liña que empezou a confeccionar nos noventa foi a ‘Confortina', que se distribuía en farmacias. Pero chegou a hora de diversificar, e Codeor apostou por un tipo de calzado específico para traballadores da hostalería ou a limpeza. Lisardo González, responsable de mercadotecnia da compañía situada en Pereiro de Aguiar, explica que o labor de exportación nunha empresa destas características é un labor que require tempo e esforzo. "Levamos moito tempo traballando, trátase de ir picando pedra aos poucos", destaca González, quen admite que se trata dun labor "duro e lento".Grazas a ese esforzo, parte dos 300.000 pares de zapatos profesionais fabricados en Pereiro de Aguiar acaban vendéndose noutros países, como Australia, Estados Unidos, Inglaterra, Xapón ou Francia. Parte dos 3.000 clientes que ten Codeor están no estranxeiro, o que lles permite ir 'capeando o temporal' á espera de que a situación económica se estabilice.Unha situación que, a tenor das cifras, non está a afectar de igual forma ás grandes multinacionais téxtiles que ás firmas españolas do calzado. Iso explica que as exportacións de calzado en Galicia medrasen un 32% en 2007 e un 10,8% o pasado ano. A tendencia oposta que en Valencia e na Rioxa (os dous grandes centros produtores de España), onde caeron un 16,2% e un 13%, respectivamente
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario