viernes, 20 de noviembre de 2009

O SINDROME DE DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS


Síndrome de despoboamento das colmeas en GaliciaEnviado el Viernes, 02 marzo a las 11:55:59 por passdatanova Dende a Agrupación Apícola de Galicia, que agrupa a meirande parte das asociacións de Galicia: Asociación de Apicultores de Pontevedra, Asociación de Apicultores de mel de montaña, Asociación Valdeorresa de apicultores, Cooperativa A Queiroga, Asociación de Apicultores de Padrenda, Asociación de Apicultores da Coruña, Asociación Apícola Ourensá, Asociación de envasadores de mel de Galicia...e que reúne a maioría dos/as apicultores/as e colmeas de Galicia.


www.planapicola.com


(Aportemos un pouco de luz ó síndrome de despoboamento das colmeas en Galicia)
O SÍNDROME DE DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS
Dende a Agrupación Apícola de Galicia, que agrupa a meirande parte das asociacións de Galicia: Asociación de Apicultores de Pontevedra, Asociación de Apicultores de mel de montaña, Asociación Valdeorresa de apicultores, Cooperativa A Queiroga, Asociación de Apicultores de Padrenda, Asociación de Apicultores da Coruña, Asociación Apícola Ourensá, Asociación de envasadores de mel de Galicia...e que reúne a maioría dos/as apicultores/as e colmeas de Galicia.

E onde contamos tamén con veterinarias especializadas en apicultura e cun laboratorio de sanidade apícola e características do mel. Gustaríanos aportar un pouco de luz a dito síndrome, sen alarmar nin a apicultores/as nin ós/ás consumidores. Aquí vai entón o noso gran de area, espero que lles sexa de gran axuda.


Nos últimos anos un dos principais problemas ó que nos estamos a enfrentar os apicultores/as, xunto co baixo prezo do mel, é o denominado “Síndrome de Despoboamento das colmeas” o cal non é un fenómeno novo, aínda que nos dous últimos anos manifestouse de forma mais virulenta. O máis característico deste despoboamento, é a progresiva diminución do número de abellas nas colmeas, sen causa aparente, as abellas que sobreviven non poden manter as tarefas elementais da colonia: coidado da cría, termorregulación interna, limpeza e non poden aproveitar as reservas de mel e pole; debido a todo isto remata desaparecendo a colonia.

Estanse á analizar diversas teorías:

  • O verán pasado o Centro Apícola Rexional de Marchamalo,en Guadalajara, descubreu a presenza en España e Europa do parasito Nosema ceranae (Higes e col., 2006). En todos os casos estudiados, a única sintomatoloxía das colonias de abellas parasitadas por Nosema ceranae era o despoboamento en maior ou menor grao. Coma no caso de outros microsporidios, os esporos deste parasito teñen a capacidade de permanecer longos períodos de tempo no medio ambiente. Polo tanto este parasito podería estar relacionado co despoboamento. Nos estudos realizados polo centro detectouse a presenza deste parasito en máis do 90% das mostras realizadas.
    A Agrupación Apícola de Galicia púxose en contacto co Centro Apícola Rexional de Marchamalo para colaborar (enviando mostras de toda Galicia) nun estudo sobre o debilitamento e mortaldade das colmeas que están a realizar a nivel de España. Dito estudo tivérono que ampliar a nivel de Europa, de onde tamén reciben mostras. Nel analízase a presencia en abellas adultas de (Varroa e o seu haplotipo, Nosema sp., Virus ARN e ADN, Acarapis sp., Senoteína tricuspis, etc...) e cría (Paenibacillus sp., Melissococcus pluton, virus ARN, etc...), ademais determinación da posible presenza de pesticidas en todas as mostras de abellas, larvas, pole e mel. Como podedes comprobar é un estudo que ten en conta todas as posibles causas para despois ir descartando.
  • A acción tóxica de determinados pesticidas agrícolas foi a causa máis esgrimida polo sector como causa de despoboamento. Concretamente a acción de determinadas substancias como o imidacloprid (Gaucho®) ou fipronil (Regent®) empregados no tratamento do tornasol e o millo. En Francia foron os pioneiros, ante a denuncia dos apicultores, no estudio da incidencia destes productos sobre o despoboamento das colmeas. Os resultados destes estudos que se fixeron ata agora son contradictorios e nada concluíntes, ademais dicir que despois de xa varios anos de prohibición destes produtos en Francia a mortaldade segue sendo moi elevada. Polo que non se deberían considerar ós pesticidas como causa única da mortalidade. Agora tamén están a mandar mostras ó Centro apícola de Marchamalo, onde están diagnosticando unha elevada presenza de Nosema ceranae en Francia.
    Durante estes anos comprobouse que os casos de mortandade en Galicia aparecen tanto, no caso de colmeares situados cerca de pequenas hortas, froiteiras e millo como tamén nas zonas de montaña onde tamén se ubican moitos destes colmeares. Por outra banda apareceron zonas de cultivos onde non se observou mortaldade.Non deben descartarse as intoxicacións puntuais ou futuras debidas ó uso abusivo dos pesticidas, en especial os de aplicación sobre plantas de interese apícola. Pensamos que este tema deberíase tratar coa seriedade que se merece e non lanzando especulacións sen ter probas da relación pesticidas e Síndrome de Despoboamento. En Galicia facemos alarde de ter un mel de calidade excelente que provén de floracións silvestres que a salvagardan do contacto con produtos fitosanitarios. Así que, non provoquemos alarmas infundadas que poidan danar tanto ó apicultor como ó consumidor.
  • Os parasitos: A Axencia Francesa de Seguridade Sanitaria dos Alimentos (AFSSA) está a realizar un estudo, cuxos resultados presentáronse no 16 Congreso Nacional de Agricultura Francesa, dos cais se concluía que os parasitos, e dentro deles varroa e Nosema ceranae, son a causa principal da mortaldade de colmeas. (mais información na web francesa www.jacheres-apicoles.fr/)
  • Ademais das patoloxías mencionadas as condicións climáticas xogan un papel fundamental na supervivencia das colmeas. Un ano con mal clima marcado pola falta de floración, falta de pole ou pole de mala calidade, provocan una diminución do aporte proteico á colmea, altérase o metabolismo da abella e diminúen as súas enerxías e a resistencia ás enfermidades. Hipótese defendida por A. G. Pajuelo, que sostén que dende agosto de 2004 a meirande parte das colmeas estiveron sen inxerir pole fresco, debido á seca. O que desencadeou que non houbese o normal relevo de abellas fortes necesarias para pasar o inverno, debido a isto os enxamios foron morrendo cara ó inverno, deixando as súas provisións intactas. En resumo, segundo as visitas sanitarias, realizadas polos veterinarios e técnicos especializados en apicultura, e a toma de mostras realizadas por toda Galicia dende a Agrupación Apícola de Galicia observamos que a mortaldade aumentou nos últimos anos, pero nisto inflúen varias causas:
  • Aumento na incidencia de Varroa e Loque, asociadas a outras enfermidades e en moitos casos debidas a un manexo incorrecto.

Os estudos realizados de Nosema non son concluíntes, están en realización. N. ceranae non ten alta incidencia, máis ben hai N. apis. E esperemos que isto siga así, para elo non se deben introducir colmeas de fora de Galicia.


Os estudos de pesticidas non son concluíntes. Con respecto a Galicia vese que hai casos de mortaldade en zonas de cultivos e no monte, onde non se empregan fitosanitarios. Estamos totalmente de acordo en que os fitosanitarios se deben utilizar facendo un uso responsábel, posto que poden acarear moitos problemas, tanto para as abellas como para a saúde humana. Por en se puxo en marcha o carné de manipulador de fitosanitarios.
Cada vez faise máis referencia ás condicións climáticas como responsables da supervivencia das colmeas e a súa incidencia sobre a calidade do pole.


A premisa mais importante neste síndrome é que cada caso hai que tratalo de xeito individual e non se debe xeneralizar. A veterinaria non é diferente á medicina humana, onde non se cansan de repetirnos que non “diagnostiquemos” e “receitemos” uns a outros o medicamento que nos foi tan ben, posto que ó mellor á outra persoa lle resulta perxudicial para as súas doenzas, ou ó mellor ninsequera era a mesma doenza.


Dende a Agrupación Apícola de Galicia queremos transmitir a todos/as apicultores de Galicia que non deixen que lles morran a meirande parte das colmeas para chamar ó veterinarios, e que antes de introducir novas colmeas na explotación deben ter diagnosticado o que lles pasa, porque senón corren o perigo de estar tirando cos cartos.
Debido a todo isto a nosa opinión é que inflúen múltiples causas:

  • Varroa:
    Resistencia a tratamentos acaricidas.
    Colocación tardía do tratamento.
    Uso de produtos máxicos ou de eficacia dubidosa.
    Loque:
    Mala utilización de tratamentos, non existen os tratamentos preventivos.
    Non desinfectar.
    Non eliminación dos focos de enfermidade.
    Virose:
    Baixas cargas de varroa xunto con viroses dan alta mortaldade.
    Climatoloxía:Por tod@s é sabido que a climatoloxía xoga un papel fundamental na supervivencia das colmeas
    Referencias:
    - Higes M.; Martín, R. E.; Meana, A.: (2006). Nosema ceranae, a new microsporidian parasite in honeybees in Europe (Journal of. Invertebrate pathology) Vol.92 (2): 93-95.- Axencia Francesa de Seguridade Sanitaria dos Alimentos (AFSSA), www.jacheres-apicoles.fr/).

No hay comentarios:

Publicar un comentario