viernes, 20 de noviembre de 2009

A Montaña amenceu cuberta polas primeiras neves da tempada




As zonas máis altas da montaña de Lugo amenceron este xoves cubertas polas primeiras neves da tempada. O vertixinoso descenso das temperaturas colleu por sorpresa incluso ós autóctonos, que se sorprenderon ó atopar o manto branco a primeiras horas da mañá nos puntos máis altos de Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Navia de Suarna.
A neve callou por riba dos 1.100 metros, aínda que as folerpas caeron intermitentemente ó longo de todo o día tamén en cotas máis baixas. Na maioría dos lugares, os copos non resistiron a lixeira subida de temperaturas rexistrada durante o día e a última hora da tarde só se conservaban nos portos de montaña situados por riba dos 1.300 metros de altitude.
Esta primeira estampa invernal non causou problemas de circulación viaria nin inconvinte algún ós residentes nos municipios que este xoves viron as folerpas. Non foi preciso tampouco a posta en marcha dos dispositivos de limpeza.
Para este venres prevese unha lixeira subida das temperaturas. Continuarán as precipitacións, pero o risco de nevadas redúcese ás cotas máis altas da provincia.
Esta primeira incursión do frío contrasta coas altas temperaturas rexistradas nas últimas semanas, nas que se bateron marcas en toda España.
A media do mes de outubro en Lugo foi de 15,4 graos centígrados, dúas décimas sobre o récord anterior, que data de 1997, segundo os datos do portal eltiempo.es. Esta media é posible pola concurrencia de valores termométricos moi altos para esta época do ano, que superaron en numerosas ocasións os 20 graos.
As estatísticas da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indican que o pasado mes de outubro foi o cuarto máis cálido en Galicia dende 1971, despois de 1995, 1997 e 2006, con temperaturas 2,4 graos por encima do habitual.
En xeral, este período tivo un carácter moi cálido na maior parte de España, e resultou "extremadamente cálido" en extensas áreas do centro e sur da Península, así como no leste de Galicia e noroeste de Castilla y León. As anomalías térmicas foron positivas en todas as rexións.
En canto ás choivas, outubro foi un mes máis seco do normal no conxunto de España, con 53 litros por metro cadrado, aínda que Galicia escapa desta tendencia. Os días máis húmidos rexistráronse na comunidade galega entre o 3 e o 7 de outubro. A máxima rexistrouse o día 5 no aeroporto de Vigo, con 79 litros por metro cadrado. Entre os días 19 e 23 a choiva tamén foi xeralizada en toda Galicia, cunha borrasca atravesou a comunidade e

No hay comentarios:

Publicar un comentario