jueves, 19 de noviembre de 2009

XERGA

As xergas ou xirias son unha linguaxe falada propia de determinados oficios tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.
Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito.

Na lingua galega existen varias xirias profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición.ç

No hay comentarios:

Publicar un comentario