jueves, 19 de noviembre de 2009

A Fonsagrada acollerá a finais de mes a primeira Festa do porco celta, co sorteo dun xamón





O día 28 deste mes está prevista a celebración da primeira Festa do porco celta, que terá como escenario o concello da Fonsagrada, no que existen varias explotacións e industrias cárnicas dedicadas a este animal autóctono. A festa contará con charlas informativas, degustación e para rematar terá lugar o sorteo dun xamón de porco celta.
A feira abrirase ás dez da mañá e hora e media despois terá lugar unha charla a cargo da Asociación de criadores de gando porcino celta (Asoporcel). A inauguración oficial será ao mediodía e nela ofrecerase unha degustación do produto, previa ao xantar a base de porco celta, que dará comezo ás dúas da tarde.
Dado que o aforo é limitado, desde a organización fixaron o 24 de novembro como data límite para facer as reservas, para o cal se pode chamar ao teléfono da citada asociación 982 226 252.

No hay comentarios:

Publicar un comentario