jueves, 10 de noviembre de 2011

-AA+ Un congreso reunirá a máis de 300 profesores de Ciencias na Fonsagrada


10/11/2011 - El Progreso (A Fonsagrada)

Máis de 300 profesores de Ciencias de toda España e Portugal daranse cita a próxima semana na Fonsagrada para participar na vixésimo cuarta edición do congreso do Enciga (Ensinantes de Ciencias de Galicia), para o que mañá se pecha o prazo de inscrición.

Nesta reunión, que se desenvolverá entre os días 17 e 19 no IES Fontem Albei fonsagradino, os docentes profundarán nas diferentes materias científicas, desde a astronomía ata a entomoloxía.

O congreso contempla un total de 70 relatorios e tres conferencias, ademais de talleres, exposicións e visitas aos principais puntos de interese da Montaña lucense. Entre outros lugares visitarán o museo etnográfico da Fonsagrada, Santa Eulalia de Oscos, Grandas de Salime, a fervenza de Vilagocende e Negueira de Muñiz.

Obxectivos

A asociación de profesores Enciga organiza este congreso cada ano nunha localidade española diferente. O seu obxectivo é impulsar e dinamizar os traballos de investigación educativa así como o intercambio de información entre os participantes.

No encontro da Fonsagrada participarán especialistas como María Martinón-Torres, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH); o catedrático de Bioloxía da USC, Javier Guitián; e o catedrático de Química José Vázquez Tato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario