O deputado provincial José Fernández clausurou onte na Fonsagrada o congreso de Enciga (Ensinantes de Ciencias de Galicia) cunha chamada á defensa da educación pública «fronte ós recortes que se están a levar a cabo dende as autonomías».
Fernández agradeceu o traballo de Enciga para mellorar a calidade do ensino e dar a coñecer os últimos proxectos de investigación en materia docente.
O encontro reuniu durante tres días a máis de 300 profesores de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía e durante o mesmo ofrecéronse 70 relatorios, tres conferencias e organizáronse talleres e actividades diversas.
Os asistentes, procedentes de distintos puntos de Galicia e Portugal, tamén tiveron ocasión de coñecer a comarca da Fonsagrada e a zona asturiana dos Oscos, incluídas na reserva da biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario