A estruga é unha planta da familia das urticáceas. É unha das "malas herbas" máis habituais, ben coñecida polas súas calidades urticantes. Antigamente coñecíase tamén como "a herba dos cegos", pois ata estes a recoñecen con só rozala. É unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúe.
Hai varios tipos:
A estruga maior (Urtica dioica), vulgarmente coñecida como estruga maior e estruga verde, é a máis común. Alcanza entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida desta planta é presenza de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con comechón intensa na pel cando o a touca ou roza. Ten o talo de sección cadrada, follas ovais, co bordo serrado, as súas flores son pequenas unisexuais, inconspicuas e agrupadas en glomérulos.
A estruga menor (Urtica urens) adoita crecer ao lado da estruga maior, ten uns 60 centímetros e picadura máis rabiosa que a súa irmá maior, pero con menos virtudes terapéuticas.
DESCRIPCION BOTANICA
A estruga é unha planta arbustiva perenne, dioica, de aspecto rudo e que pode alcanzar ata 1,5 m de altura.
É característico desta planta posuír uns pelos urticantes que teñen a forma de pequenas ampolas cheas dun líquido irritante que ao contacto coa pel producen unha lesión e verten o seu contido (ácido fórmico, resina, histamina e unha substancia proteínica descoñecida) sobre ela, provocando ronchas, proído e prurito. Esta comechón débese á acción do ácido fórmico, composto do que contén unha gran cantidade. Estes pelos son moi duros e fráxiles na punta, polo que é suficiente o rozamento para provocar a súa rotura.
A raíz é moi rica en taninos, que lle confiren unha acción astrinxente.
Posúe un talo avermellado ou amarelento, ergueito, cuadrangular, ramificado e ahuecado nos entrenós. Está dotado en todos os nós de parellas de follas, e esta recuberto de pelos urticantes.
As follas son de figura ovalada, rugosas, serradas, puntiagudas, e de ata 15 cm. Son cor verde escuras e con pétalos de cor amarela suave. Encóntranse opostas e tamén están provistas, ao igual que o talo dos pelos que a caracterizan.
Florece do mes de xullo en diante (onde?).
As flores son verde amarillosas con estames amarelos, reunidas en panículas pendulares, asilares e terminais. Normalmente son unisexuais, pequenas e dispostas en acios colgantes de ata 10 cm. As femininas encóntranse en longos amentos colgantes e as masculinas en inflorescencias máis curtas.
Os seus froitos son aquenios (cápsulas) e secos.
A cocción desta planta ten beneficios na saúde humana e vexetal, coñecemento que se pasa de xeración en xeración.
COMPOSICION
Contén flavonoides (de acción antioxidante e antinflamatoria), sales minerais, ácidos orgánicos, pro vitamina A e C, mucilaxe, ácido fórmico, clorofila, taninos, resina, silicio, acetilcolina, potasio, glucoquininas e unha gran cantidade de clorofila (de aí a súa cor verde escuro e intensa), histamina e serotonina.
A planta tamén posúe unha substancia chamada secretina, que é un dos mellores estimulantes das secrecións estomacais, do páncreas e da bile, así como dos movementos peristálticos do intestino.
Tamén contén clorofila e ácidos orgánicos, aos que se debe o seu marcado efecto diurético.
Propiedades da estruga comprobadas cientificamente: os extractos son ligeramente hipoglucemiantes. Ten propiedades bactericidas e efectos favorables nos tratamentos das afeccións da pel (Príhoda, 1990; Wren, 1994).
Uso medicinal aprobado pola Comisión Revisora de Produtos Farmacéuticos: rubefaciente
COLLEITA
Recollerase a planta enteira, dependendo do uso que se lle vaia destinar.
Pode utilizarse seca ou recén recollida.
En fitoterapia, os naturistas aconsellan recoller as sumidades floridas (herba urticae), ou simplemente as follas (folium urticae) dos talos novos.
Para levar a recolección a bo fin, procédese antes da floración, e o secado debe de realizarse o máis rapidamente posible.
Con fins medicinais recollerase nos meses de maio, xuño, xullo e agosto aínda que non hai problema en recollela ao longo de todo o ano. Con fins alimenticios, recollerase en calquera período.
Polo seu poder urticante deberase de recoller con luvas e cortaranse só os talos novos e sans.
As raíces recóllense en primavera e en outono.
Antes da aparición das flores, a planta é máis tenra.
As follas vellas non se deben usar debido a que son mui irritantes
CONSERVACION
Secaranse á sombra e ben estendida, en lugar ben ventilado. Unha vez seca gardaranse só as follas. Unha vez secas deixará de ser urticante, e poderanse triturar para a súa conservación. Desta forma podemos continuar gozando dos seus beneficios en inverno, momento no que é imposible encontralas frescas.
PARTES UTILIZADAS
Utilízase a raíz e a planta enteira. Tamén se usa a planta fresca.
Principalmente as follas (Urticae folium/herba), aínda que tamén se poden utilizar as raíces (Urticae radix).
As raíces, ademais das da Urtica dioica L., son tamén beneficiosas as da estruga menor (Urtica urens L.), ou especies híbridas de ámbas, obtidas durante o período de floración.
Popularmente tamén se empregan os froitos (Urticae fructus).
PROPIEDADES
A pesar da mala fama que ten esta planta, as súas virtudes son moitas e moi beneficiosas para a saúde.
Propiedades nutritivas
Nutricionalmente é de grande importancia pola súa riqueza en sales minerais e vitaminas que benefician a todos mesmo ás persoas que fan axudas sen sal. As estrugas conteñen vitamina A e C, ferro, ácido salicílico e proteínas.
Propiedades medicinais
Á parte de nutritiva, ten gran cantidade de propiedades:
* Afrodisíacas.
* Analxésicas.
* Antialérxicas.
* Antianémicas.
* Antigotosas.
* Antihistamínicas.
* Antiinflamatorias.
* Antirreumáticas.
* Astrixentes.
* Colagogas.
* Depurativas.
* Diuréticas.
* Galactogenas.
* Hemostáticas.
* Hipoglucemiantes.
* Remineralizantes.
* Rubefacientes.
* Tónicas.
Contraindicacións
* Evitar en caso de edemas orixinados por insuficiencia renal ou cardíaca.
* Non usar como tintura alcohólica en nenos menores de 2 anos e en persoas en proceso de desintoxicación alcohólica.
* Como remedio diurético debe ser evitado por persoas con problemas de hipertensión arterial, cardiopatías ou insuficiencia renal, salvo por descrición e baixo control médico.
* A inxestión de 20 ou 30 sementes produce un efecto purgante drástico.
Efectos secundarios
. As follas frescas ten unha acción fortemente irritante sobre a pel (urticante), con produción dunha pápula e sensación de queimadura (ou sexa ronchas de pupi). . A raíz, ocasionalmente pode producir molestias gástricas e reaccións alérxicas cutáneas. . A cocción das raíces pode irritar a mucosa gástrica.
Os preparados de U.dioica están exentos de toxicidade tanto aguda coma crónica.
HISTORIA
A estruga é unha especie cuxas follas eran citadas xa nos tratados medievais como remedio nos estados asociados a un déficit na diurse. Non obstante, dende hai vinte anos as súas partes subterráneas (raíces e rizomas) son obxecto de interese no tratamento da hiperplasia benigna de próstata (HBP), tal e como puxeron de manifesto os numerosos traballos de investigación realizados sobre elas. As devanditas investigacións permitiron acceder ao coñecemento dos seus máis importantes principios activos e á súa actuación sobre algúns dos factores implicados na aparición da HBP. Por outra parte, os máis recentes ensaios clínicos realizados con extractos normalizados de estruga indican un efecto positivo sobre os síntomas urinarios asociados á HBP. A iso engádese a gran tolerancia cara aos preparados elaborados coas partes subterráneas, xa que en ensaios a seis meses só un 0,7 por cento dos pacientes mostrou efectos secundarios, de escasa gravidade en todos os casos.
PARA MAIS INFORMACION CLICKEA:
MEDICINA TRADICIONAL VERSUS MEDICINA OFICIAL:
¿COMPLICIDAD O PODER?
A medicina popular en Galicia (IV): Os remedios
No hay comentarios:
Publicar un comentario