viernes, 18 de noviembre de 2011

FERRAR O CABALO

CANDO FERRAR O CABALO

A ferradura é como a suela que protexe o casco do cabalo, prevén o seu desgaste e coidao do deterioro. En principio podemos dicir que ningún cabalo debería sobrepasar as oito semanas sen ferrar (como tempo límite) e que o periodo aceptable de ferraxe é de 4 a 6 semanas. Debemos ter en conta que se deixamos pasar un excesivo período de tempo sen recortar, o equilibrio do casco alterase de forma perigosa, podendo causar un dano permanente na pata do animal. O crecemento do casco, o desgaste da ferradura e o seu axuste ó casco son os factores principias a hora de determinar cando un cabalo debe volver ser ferrado.

Para saber se un ferraxe é bo, deberemos ter en conta os seguintes puntos:

Ø Os clavos son do tamaño correcto.

Ø Os talóns quedan perfectamente protexidos polo ferraxe.

Ø Os remaches encontranse ó arredor dun tercio da altura.

O CASCO

Moitos veterinarios e coidadores coinciden o afirmar que sen casco non hai cabalo. Debemos conocer correctamente a estructura desta zona do animal e saber que coidados precisa.

O casco está formado principalmente por tres partes:

Ø A parede: é a zona exterior. O seu crecemento é cara abaixo dende a coroa.

Ø A suela: parte lixeiramente cóncava que fai a labor de protexer o casco de lesións.

Ø A ranilla: mecanismo amortiguador e antideslizante que facilita que o casco se extenda e contraiga a cada paso. Resulta esencial mantelo limpo en todo momento para evitar problemas no casco.

COIDADO E LIMPEZA DOS CASCOS

O coidado xeral do casco pasa pola súa limpeza, tarea a que se lle debe dar a máxima importancia. Na grande maioría dos casos, a falta de limpeza, xunta coa utilización de grasas inadecuadas e camas excesivamente húmedas, son os principias culpables dos serios problemas nos cascos dos nosos animais. Por elo é fundamental que a labor de limpeza dos cascos se realice todos os días.

Para a limpeza dos cascos utilizaremos o chamado limpiacascos, da seguinte maneira:

Ø Trataremos de eliminar a suciedade traballando dende o talón cara a lumbre; poñendo especial coidado para non penetrar nas zonas blandas da ranilla.

Ø Coidaremos especialmente o aseo dos surcos colaterais da ranilla, xa que é o lugar preferido polas bacterias, pedras e calquer elemento punzante.

Ø A hora de limpar a ranura central, poñeremos atención na busca de calquer señal de podredumbre.

Ø Comprobaremos que non existen cortes nin gretas, así como o grao de sequedade do casco.

Ø En caso de que detectemos mal cheiro, existirá unha grande posibilidade de encontrarnos ante unha infección.

Ø Para rematar a limpeza, comprobaremos que a ferradura se mantén colocada en perfecto estado.

Por outro lado, tamén é aconsellable utilizar productos como:

Ø Alquitrán para cascos: que axudará a eliminar as bacterías, xermenes e o mal cheiro.

Ø Pomada para cascos: reforza e favorece o seu crecemento natural, evitando o agretamento e favorecendo a súa elasticidade.

Ademais da limpeza dos cascos, deberemos poñer especial coidado na limpeza do establo. É fundamental que un animal estabulado dispoña dunha cama seca e limpa, xa que non nada mais perjudicial para os cascos que o amoníaco nunha cama en descomposición.

OS PROBLEMAS DA FERRAXE

Problemas mais comúns na ferraxe dun cabalo, así como as posibles solucións a adoptar. Solucións que na maioría dos casos deberá realizar o ferrador:

Ø A ferradura non se colocou plana: si se encontra sobre un casco plano, terminarán por afloxarse os tornillos.

Ø Se o casco non está plano, provocará o movemento da ferradura arredor do punto mais alto.

Ø Se as ferraduras son demasiado grandes ou largas (mal axustadas); pode ser que a ferradura chegue a ser arrancada por outros pes do cabalo ou incluso por animais cercanos, tamén cabe a posibilidade de que se enganchen no box ou no remolque. Para evitalo deberase disminuir a lonxitude dos callos da ferradura.

Ø Se a ferradura resulta, polo contrario, demasiado pequena; non aguantarán o crecemento do casco, provocando a ruptura dos clavos ou incluso da parede do casco. O ferrador deberá asegurarse de que a ferradura teña en suficiente descanso para a expansión do casco.

Ø Colocación dunha ferradura demasiado lixeira; saltará fácilmente ou doblarase. Convén que o ferrador utilice unha ferradura mais pesada.

Ø Pes mal aplomados: provocan que o cabalo aterrice primeiro cunha parte do casco, desplazando a ferradura. Nestes casos será necesario cortar o casco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario